Antonio Seijas

Pincha na imaxe para ampliar

Chave

Proxecto persoal, inédita.

Sobre o autor:

ANTONIO SEIJAS
(Ares, 1976)

Contacto
http://antonioseijas.blogspot.com
www.antonioseijas.com
http://antonioseijas.blogaliza.org
https://www.facebook.com/pages/Antonio-Seijas/33256784138

antonioseijas arroba gmail.com
Tel: 649 230 766

BIOGRAFÍA
Dende o 2004 recibiu numerosos premios de cómic, como por exemplo, no VII Concurso de Caricaturistas Noveles da VII Bienal de Caricatura de Ourense, 2º Premio do Certame Volvo Ocean Race na modalidade de cómic, dúas veces finalista nos certames da Xunta de Galicia “Na vangarda”, gañador de certames  en Arteixo, Dos Hermanas, Tomelloso,A Coruña. Torrejón de Ardoz,  etc

O seu  primeiro  álbum de banda deseñada, Un Hombre Feliz, resultou gañador do Certame de Banda Deseñada "Castelao" da Diputación de A Coruña, (no que xa resultara finalista o ano anterior)e ademáis , xa publicado pola  editorial valenciana De Ponent, con prólogo a cargo de Miguelanxo Prado, recibiu o premio de mellor guión, por votación popular, no Saló del Cómic de Barcelona en 2008. Este mesmo album foi adaptado pola Radio Televisión  Nacional Eslovena  (Radio Televizija Slovenija) nun formato de radio-teatro.

Adaptou a Banda Deseñada da novela de Agustín Fernández Paz "Cartas de Inverno", publicada por Xerais. Outubro, 2012.
Esta obra recibiu en marzo do 2013, nos premios da Asociación Galega de Editores o Premio Isaac Díaz Pardo ao mellor libro ilustrado do 2012.

Ven de publicar a súa terceira novela gráfica "LA LUZ" con Edicións de Ponent. Marzo 2014. Obra que de man de Rey Naranjo editores está presente na Comic Con de Colombia.
Esta Banda Deseñada foi nominada a Mellor Obra Nacional de 2014 nos Premios Expocómic.

Os seus cómics formaron parte de exposicións  en festivais como "Viñetas desde o Atlántico" na Coruña, nas Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, na "Exposição Trinacional da Nona Arte", São Vicente (Brasil), Nunha das exposicións colectivas da Fira do Cómic de Barcelona e do Festival International de la Bande Dessinée d'Angoulême , etc



No campo da ilustración fai traballos para revistas, xornais, webs , cubertas de libros e ilustracións para literatura infantil e xuvenil para diferentes editoriais, como Xerais, Galaxia, Embora, Baía, Inédita, Bromera,  Les Moutons électriques, MC ediciones, Malabar, etc . Tamén realiza traballos para grupos e discográficas (cubertas, libretos, logos, camisetas, publicidade, carteis…) como, Marillion, David Lynch Foundation Music,  Donovan Discs, Kscope music, Gazpacho, arK , Harvest, The Wishing Tree,The Good Company, Nine Stones Close,etc., recibindo excelentes críticas en diversos medios nacionais e estranxeiros (O seu traballo para Marillion foi escollido por votación popular como o mellor do ano en páxinas de música especializada). Foi convidado a expor na Fira do Disc de Barcelona no 2010.

Formou parte, cunha exposición, do Congreso internacional de ilustración "Ilustramundos" celebrada en Santiago de Compostela do 20 de febreiro de 2012 ata o 20 de abril de 2012.

Formou parte da mostra colectiva "Ilustradores galegos. Habelos hainos", dentro do XIII Salón do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra 2012 e tamén no Salón de 2013

Exposición individual en Ramses by Phillip Stark en Madrid. Marzo 2014.

Exposición de pintura en la Galería Sargadelos de Ferrol. Octubre 2015

Exposición de pintura en la Escuela de Finanzas de Oleiro. Marzo 2016

Podemos atopar diversos traballos seus en diferentes iniciativas benéficas, como en cubertas  para discos como o de Sabor de Gracia "4 Canciones de hambre y esperanza" ,  “Canción para un niño en la calle”, campaña que contou coa colaboración e distribución de MANGO, con artistas como Steve Hogarth, Loquillo, Rebeldes, Lesli, Pep Sala  e colaboracións especiais como a do motociclista Jorge Lorenzo.  A nivel benéfico tamén participou  exposición celebrada no Festival de Cine de Sitges "King Kong benéfico", no calendario 2012 da ONG Ecos do Sur, etc.
Ten participado, xunto con outros autores como Forges, no libro homenaxe a Joan Manuel Serrat de edición de exemplar único.

Autor dos logos de Trancendental Music e Transcend Radio, marcas da Fundación benéfica de David Lynch, e realizados baixo as súas indicación directas.

Algunhas das súas ilustracións aparecen no decorado da serie de televisión “La que se avecina”.

Ilustrou "O Castañeiro de Abril" De Antonio Fraga, libro gañador do Premio Merlín 2013.

Ven de Ilustrar "Miña querida Sherezade" de Andrea Maceiras, libro gañador do Premio Meiga Moira 2014.

Actualmente forma parte da directiva de GALIX
( Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) como vicepresidente e vogal de ilustración.