Cestola na Cachola

Pincha na imaxe para ampliar

Cestola na Cachola - Que lle acontece á avoa?

Ilustración creada por Miguel Peralta e Xoana Almar para o conto escrito por ambos QUE LLE ACONTECE Á AVOA? Acrílico e collage sobre táboa. Editado por Triqueta Verde. Conto dispoñible na tenda online de www.cestolanacachola.org

Sobre o autor:

CESTOLA na CACHOLA é unha cooperativa que une a pintura e a economía social nun mesmo proxecto de autoemprego. Somos tres persoas socias con experiencia nos eidos da ilustración, o muralismo, o cooperativismo, a banca ética e a educación para o desenvolvemento; e utilizamos a empresa como ferramenta de traballo para pensar de xeito colectivo, democrático, colaborativo e transparente. Xoana Almar e Miguel Peralta son @s ilustrador@s de CESTOLA na CACHOLA, onde desenvolvemos varias liñas de traballo:

PINTURA: murais por encargo, ilustración de contos e textos, reprodución de pinturas en láminas e postais...  

MODA ÉTICA: serigrafía dos nosos deseños orixinais sobre tecidos ecolóxicos e de comercio xusto.

DESEÑO: cartelería, logotipos e imaxes de empresa.

FORMACIÓN COOPERATIVA: charlas e obradoiros, fomento do cooperativismo, estudos temáticos...

Web: www.cestolanacachola.org
Redes sociais:  
Facebook: cestola na cachola
Twitter: @Con_Cachola