Miguel Cuba

Pincha na imaxe para ampliar

Sous les pavés

Portada do cómic "Sous le pavés", 2015.

Sobre o autor:

Miguel Cuba Taboada (Lugo,1982) é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, onde tamén realizou o doutorado. Combina a faceta investigadora na Facultade coa súa carreira como artista visual, ilustrador e autor de banda deseñada. Na súa traxectoria ten desfrutado, entre outras, de becas artísticas na Casa Velázquez en Madrid (2015), no Colexio de España en París (2014) ou na Academia de España en Roma (2013). Das súas mostras individuais, compre destacar BD de l’Akrasie (Col. de España, París, 2015), Iconville. A cidade dos signos (Galería Metro, Santiago de Compostela, 2012). Como ilustrador, podemos atopar o seu traballo tanto en monografías (por exemplo Conservación preventiva para todos. Una guía ilustrada, editado pola AECID, ou As crónicas chairegas, de Paulo Martínez Lema, editado pola Fundación Manuel María) como en diferentes revistas (O salmón oval, Tempo exterior, Dorna, Cerna etc). En 2011 publicou Punto de fuga, a súa primeira novela gráfica, en Demo editorial.