Santy Gutiérrez

Pincha na imaxe para ampliar

navis

versión del personaje Nävis (ed. Delcourt)

Version of the character Nävis (ed. Delcourt)

Sobre o autor:

Santy é un dos máis prolíficos autores galegos. Adícase en exclusiva ó debuxo desde comezos dos anos 90: tras pasar nos seus inicios por "El Correo Gallego" e pola edición viguesa de "La Voz de Galicia" estableceuse definitivamente (e ata hoxe) en "Atlántico diario", "El Progreso de Lugo", "La Opinión de A Coruña", "Nova+", "De Luns a Venres", e "La Región", xornais nos que publica varias viñetas diarias dehumor gráfico. Para El Progreso continúa ademais a tarefa de dar vida ás historias debuxadas de Pelúdez, a centenaria personaxe popular creada polo fundador do diario. Colabora tamén habitualmente con revistas de cómic e doutros xéneros, algunhas cabeceiras polas que pasaron os debuxos de Santy son “Mister K”, "AUTOBILD", "PERSONAL COMPUTER & Internet", "BARSOWIA", "H2OIL", "Dos veces Breve", "Raigame", "Motorgalicia", "Bricolaje y ferretería", "Metrópolis", "TodoBasket", "Revista do Real Club Deportivo (RCD)", etc. Ademais, colaborou coas súas ilustracións en ducias de libros de texto e contos xuvenís para editoriais galegas como "Xerais" (do grupo Anaya), "Rodeira" (do grupo Edebé) ou "Bromera" e algúns dos seus traballos de cómic publicáronse nos mercados español e francés. Tamén realizou traballos para varias empresas de publicidade.