Hugo Covelo

Pincha na imaxe para ampliar

Juli

Proyecto de cuento infantil inédito

Sobre o autor:

Web:
www.hugocovelo.com
Contacto:
hugo.covelo arroba gmail.com

Biografía

Un dos autores fundamentais do colectivo Polaqia desde 2003 e do seu buque insignia, o fanzine "Barsowia", presidiu a asociación durante varios anos. Ten colaborado en revistas como "Buen Provecho" e en fanzines como "Chámalle X", "Cabezabajo", "Comikaze" e o "Fanzine das Xornadas". Participou nas exposicións "Vigo nas sombras II", "Cómics en Vigo" e "Semana de Banda Deseñada 2000". Contribuiu a volumes colectivos como "H2Oil", "Marzo, en tinta propia", "Barsowia en llamas" e "Capital". Ten impartido obradoiros de banda deseñada coordenados pola Casa de Xuventude de Ourense.

Premios
Premio Rozas Joven do concello de Las Rozas (Madrid) coa historieta "Devolución Industrial" con guión de Kike Benlloch. Quinto premio no concurso de banda deseñada organizado pola casa da Xuventude de Ourense en 1999. Segundo premio no concurso de Imaxe Artística, modalidade de banda deseñada organizado pola Consellaría de Xuventude, no certame de 2002, coa historia "Dúas maletas de cartón". Mención especial no concurso de cómic de Arteixo en 1999. Como presidente da A.C.Polaqia recolleu en dúas ocasións galardóns a Barsowia no Salón do Cómic de Barcelona: En 2006 o premio do público ao mellor fanzine de 2005, e en 2007 o premio oficial ao mellor fanzine de 2006.

Estudos
Licenciouse en Belas Artes pola facultade de Pontevedra