AGPI - Asociación Galega de Profesionais da Ilustración

ABRACADABRA
Alberto Garcia Ariza

Buscador de Ilustradores

Listado de ilustradores

Noticias

XIV Encontro Galego de Ilustración

13/10/2017


.
O sábado 31 de outubro terá lugar o XIV ENCONTRO GALEGO DE ILUSTRACIÓN, que, como cada ano, organiza a AGPI, na sede Afundación de Santiago (rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela)

As actividades matinais son abertas a todo o público interesado, e completamente gratuítas.

:::::::::: PROGRAMACIÓN MAÑÁ ::::::::::

· 10:00 RECEPCIÓN

· 10:30 PRESENTACIÓN OFICIAL DO ENCONTRO

· 10:40 PRESENTACIÓN DA NOVA WEB DE AGPI

· 11:00 AVENTURAS E DESVENTURAS (da profesión do ilustrador) Mar Malota contaranos unha serie de reflexións acerca da profesión do ilustrador desde o seu punto de vista e basadas na súa experiencia como ilustradora profesional.

·········· 12:30 DESCANSO ··········

· 13:00 CANDO A ILUSTRACIÓN ATOPA O CINEMA Giovanna Lopalco falará do proceso de creación nun filme de animación, de como a linguaxe da ilustración e dun ilustrador se adapta a outro medio, como é o cinema.

· 14:00 FOTOMATÓN (Foto grupal da man de Óscar Villán)

:::::::::: PROGRAMACIÓN TARDE :::::::::: (exclusivo socixs)

· 14:30 XANTAR DE CONFRATERNIZACIÓN (con inscrición previa) RESTAURANTE O AFIADOR, rúa de San Pedro, 28

· 17:00 ASEMBLEA XERAL DE SOCIOS DA AGPI
Sede Afundación (rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela)

· 19:00 FINALIZACIÓN DA ASEMBLEA

I Premio Internacional de Ilustración do Salón do Libro de Pontevedra

13/10/2017

O Salón do Libro de Pontevedra e Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) convocan o I PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN do Salón do Libro Infantil e Xuvenil.

A finalidade deste certame é escoller a ilustración do cartel da XIX edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que se celebrará no Pazo da Cultura da cidade entre o 6 e o 29 de abril de 2018 e que terá a temática central de: MULLERES DE CONTO.

A convocatoria permanecerá aberta ata o día 5 do próximo mes de novembro. O creador que obteña a mellor puntuación do xurado recibirá 3.000 euros.  Pola súa banda, haberá 12 obras finalistas, que figurarán nun almanaque que publicará a Deputación de Pontevedra.

Podedes consultar as bases neste enlace.

Alfredo, Premio Nacional de Ilustración

11/10/2017

O Ministerio de Cultura deu a coñecer hoxe que o ilustrador Alfredo é o galardoado co Premio Nacional de Ilustración correspondente a 2017, «pola súa dilatada traxectoria, que o levou a traballar en distintos puntos de España e do mundo, polo seu cultivo de distintos aspectos da ilustración e polo seu maxisterio e influencia en sucesivas xeracións». O Ministerio concede anualmente este premio, que ten unha dotación económica de 20.000 euros, co obxecto de «recoñecer e distinguir o conxunto do labor realizado por un ilustrador español no ámbito do libro e das letras españolas».

Alfredo (Alfredo González Sánchez, Agüería, Asturias, 1933) estudou Filosofía e Teoloxía e en 1958 trasladouse a Madrid para se dedicar á ilustración. Traballou no mundo da publicidade e en 1971 foi contratado como director por unha axencia venezolana; tras percorrer varios países latinomericanos regresou a España, e comezou a colaborar como ilustrador en revistas e periódicos como La Codorniz, El Jueves, El Papus, Muy Sr. Mío, Summa, Cambio 16, La Calle, El País ou El Mundo. Ademais, ilustrou numerosos libros, como Teoría de Madrid, con textos de Francisco Umbral, De Moscú a Nueva York, co escritor Ignacio Carrión, Seis barbas de besugo, sobre textos de Ramón Gómez de la Serna, ou Poeta en Nueva York, de Federico García Lorca. En 2017 publicou a súa autobiografía, La ventana de atrás. Desmemorias de un dibujante e expuxo gran parte dos seus debuxos orixinais no Museo ABC del dibujo y la ilustración de Madrid.

O xurado estivo presidido polo subdirector xeral do Libro, a Lectura e as Letras Españolas, Javier Pascual Echalecu, e conformado por Elena Odriozola, autora galardoada na edición 2015; Manuel Garrido, pola APIV; Teresa Novoa, pola APIM; Patricia Castelao, pola AGPI; Mentxu Fernández, por Euskal Iridigileak; Juan Berrio, pola FADIP; Lluís Farré, pola OEPLI; Manuel Alcorlo, pola Real Academia de Bellas Artes de San Fernando; Victoria Soto, polo Centro de Estudios de Género da UNED; e Samuel Alonso, designado polo ministro de Educación, Cultura e Deporte.

Graphic Jam

26/09/2017

O colectivo de ilustradores Miñoco, coa colaboración da AGPI e co apoio económico do Concello da Coruña a través do programa Cultura de Barrio, organiza o Graphic JAM, un evento que servirá de punto de encontro para os creadores gráficos na cidade da Coruña.

Dentro das actividades previstas haberá exposicións, un obradoiro infantil, charlas, unha zona de clubes sectoriais e un speed dating para creadores noveis. O Graphic Jam terá lugar o sábado 30 de setembro no Centro Ágora. A entrada é libre e de balde.

Máis info: FacebookTwitterWeb

Exposición retrospectiva de Siro

26/09/2017

Exposición retrospectiva de Siro López, 1970-2017. É un proxecto da Rede Museísca da Deputación de Lugo que se pode visualizar no Museo Provincial de Lugo, no Museo Pazo de Tor, no Museo Fortaleza de San Paio de Narla e no Museo Provincial do Mar. Con este proxecto preténdese dar a coñecer a evolución artística deste veterano humoristas gráfico, ademáis de pintor, deseñador, caricaturista, ilustrador, escritor e moitas outras facetas creativas

Do 25 de setembro o 5 de novembro de 2017, na Sala de Exposicións do Museo Provincial de Lugo (Praza da Soidade, s/n)

AGPI no festival Viñetas desde o Atlántico 2017

07/08/2017


Cartel a cargo de DasPastoras

Como é habitual, a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración contará cunha caseta dentro da «Rúa da BD», a feira do festival internacional da banda deseñada Viñetas desde o Atlántico, que decorre na Coruña desde hoxe ata o domingo 13 de agosto. En concreto, trátase da caseta número 23, e nela poderanse encontrar as publicacións da asociación, e tamén láminas, publicacións e outros produtos de ilustración aplicada a cargo de diversos socios e socias da AGPI.

Charla Ninja na MiiC
con David Rubín e Alberto Guitián

18/04/2017


.
A MiiC (Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea, que se desenvolve en Santiago de Compostela ata o mes de xuño) acolle unha Charla Ninja organizada pola AGPI. Nela, David Rubín e Alberto Guitián repasarán o Decálogo Ninja do ilustrador, achegando as súas experiencias e anécdotas como profesionais da ilustración. Será na sala Mozart do Auditorio de Galicia (Av. do Burgo das Nacións, s/n, 15704 Santiago de Compostela), este sábado, 22 de abril, ás 12:30, con entrada libre ata completar o aforo.

A charla é un complemento da exposición «Guía Ninja do Ilustrador», espazo dentro da MiiC que repasa os obxectivos, os contidos e a boa acollida desta campaña da AGPI, que neste mes de abril cumpre o seu primeiro aniversario. Rubín e Guitián abordarán de xeito moi visual os actuais retos dos creadores freelance, como a protección e a xestión dos dereitos de autor no mercado global ou a defensa fronte plaxios ou prácticas especulativas.

A Charla Ninja MiiC e a campaña «Guía Ninja do ilustrador» contan co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Cidade Creativa 2017

30/03/2017

Cidade Creativa quere ser un mercado de creación diferente, un punto de encontro para que os que traballan no eido creativo e cultural poidan dar a coñecer os seus produtos e servicios dunha forma máis vivencial que o que permiten os tradicionais 'networkings', e onde ademáis de visibilizar ás máis de 50 empresas que diaramente conviven no Centro de Emprendemento Gaiás - CEM (e todas aquelas que se animen a participar) se podan establecer sinerxias entre emprendedores, axentes e cidadanía.

Arte, artesanía, música, deseño, artes vivas, creación multidisciplinar e intercambio de coñecementos serán os eixes centrais desta cita que contará con dous tempos: xornada de mañá e comida para profesionais e xornada de tarde aberta ao público.

Xoves, 30 de Marzo na Sala Eisenman da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.

Máis información en 7Hcoop@7Hcoop.es

A Guía Ninja no MiiC

17/03/2017


.
A
Guía Ninja da AGPI participa na MiiC (Mostra internacional de ilustración Contemporánea), que terá lugar de marzo a xuño do 2107.

Esta mostra está comisariada por Matilde Rodríguez, e é a primeira mostra internacional de ilustración celebrada en Galicia. Unha panorámica de proxectos e autores innovadores (tanto galegos, estatais como internacionais) dentro da ilustración contemporánea.

Entre os proxectos e autores que se amosan, a parte da Guía Ninja están: Cinta Arribas / Carlos Arrojo / Arnal Ballester / Gary Baseman / Los Bravú / Marina Capdevila / Eme / Cristóbal Fortúnez / Ilustradores a la mesa / IlustraDots / José Ja Ja Ja / Jano / Martin Jarrie / Martín López Lam / Pepe Medina / Sergio Mora / Nobrow / Sara Pazos / David Sierra / Alberto Vázquez

Inaugúrase o próximo martes 21 de marzo ás 20:00 h no Auditorio de Galicia (Avda. do Burgo das Nacións - Santiago de Compostela)

XVIII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

09/03/2017

Entre o 10 de marzo e o 2 de abril desenvólvese, no Pazo de Cultura de Pontevedra, o XVIII Salón do Libro Infantil e Xuvenil, este ano baixo o lema «O mundo que queremos».

O lema, lonxe de ser unha utopía, pretende aunar aportacións reais, tanxibles e factibles para construir ese mundo mellor. Englobando temas como o coidado do medio ambiente, a saúde, a integración e a igualdade, cuestións como accesibilidade e a mobilidade, o respecto , a inmigración ou a vellez, a solidariedade, a investigación en todos os seus ámbitos etc.

O cartel desta edición é obra de Alba Blanco. A AGPI colaborou na selección de autores (os nosos socios Viki Berre e Cestola na Cachola) para os manteis ilustrados de «Almorzos ilustrados», repartidos polos establecementos hostaleiros do centro histórico.

No extenso programa podedes atopar obradoiros, música, teatro, cine e varias actividades que teñen que ver coa ilustración.

Podedes consultar o programa completo na páxina do Salón aquí.