AGPI - Asociación Galega de Profesionais da Ilustración

El Caserón del Acantilado
Marcos B

Buscador de Ilustradores

Listado de ilustradores

Noticias

Cestola na Cachola presenta novas pezas de moda ética

29/07/2014

Na súa nova tenda en liña, os nosos socios Cestola na Cachola presentan novos deseños ilustrados de roupa e complementos producidos de xeito ético e ecolóxico.

En concreto, dispoñen para a venda de novas camisetas e mochilas de algodón ecolóxico e comercio xusto, con deseños do ilustrador Miguel Peralta.

Nace Barbamigos.com, tenda en liña de produtos ilustrados

08/10/2013

Nestes días presentouse en sociedade a nova tenda en liña Barbamigos.com, que levan adiante os ilustradores Roque Romero e Bernal Prieto, socio noso. Barbamigos está dedicada «á venda de produtos deseñados e ilustrados en exclusiva», tales como láminas, chapas ou bolsas de tea. Segundo os seus promotores, é unha «aposta pola orixinalidade e calidade», e ofrece aos seus creadores unhas boas condiciones de trato e porcentaxe de beneficios sobre o prezo de venda ao público. Ademais, tamén aceptan encargos de produción e de deseños personalizados.

Camisetas e ‘sketchbook’ de ‘El héroe’, de David Rubín

13/12/2012

Dentro da auténtica maratón de presentacións que o noso socio David Rubín está a efectuar por toda a xeografía española a raíz da aparición do segundo tomo de El héroe (presentacións que poden seguirse no seu blog: mañá, por exemplo, estará no Salón del Cómic de Zaragoza), aínda hai tempo para máis novidades.

Por unha parte, a libraría barcelonesa Universal Cómics editou un caderno de bosquexos e debuxos a lapis de El héroe, e tamén unhas camisetas cunha ilustración relativa a ese mesmo libro. Ambos os produtos, xuntos ou por separado, poden adquirirse na propia tenda online e nesa e outras librarías especializadas. Aquí, máis información.

Por outra, desde a web Entrecomics organizouse un dobre concurso sobre El héroe: de debuxo e de recensións, que terá como premios láminas, camisetas e sketchbooks dedicados polo autor.

Talleres de serigrafía en La Platanera

10/12/2012

A ilustradora Andrea Fernández, alias Avigráfica, prepara para os días 14, 15, 21 e 22 de decembro uns talleres de serigrafía baixo o título de «No lo compres, hazlo tú». Terán lugar no seu estudio La Platanera, na Illa de Arousa. Todos os detalles sobre os talleres pode encontrarse aquí. Os socios da AGPI teñen un 15% de desconto nos prezos de matrícula.

Óscar Villán inaugura a colección de roupa de Casa K

05/11/2012

Casa K, a marca con que a editora Kalandraka comeza a comercializar pezas de roupa inspiradas en personaxes dos seus contos, inicia a súa andaina con ilustracións dos libros O coelliño branco e A cebra Camila, en ambos os dous casos da autoría do noso socio Óscar Villán.

Nesta primeira etapa de Casa K, póñense á venda camisetas e pixamas de algodón para nenos e nenas de entre 2 e 6 anos.