AGPI - Asociación Galega de Profesionais da Ilustración

Anxo Fariña

Buscador de Ilustradores

Listado de ilustradores

Noticias

O vídeo do Combate de Debuxantes, xa na rede

26/08/2014

Xa está dispoñible o vídeo do Combate de Debuxantes que se desenvolveu o pasado 8 de agosto na Coruña, dentro do programa do Autobán (o microfestival de BD e autoedición organizado pola AGPI). O vídeo, realizado por Enimaxes.com, ofrece un resumo, de aproximadamente 8 minutos de duración, do que foi esta segunda edición coruñesa do Combate, que nesta ocasión enfrontou os ilustradores Branda, Kike J. Díaz, Luis Yang, Perrilla, Santy Gutiérrez, Sekone, Xulia Vicente e Yago García, e no que resultou gañadora Xulia Vicente.

1 comentarios nesta noticia:

Lúa 22/09/2014

Un vídeo moi simpático que dan ganas de asistir a unha próxima edición para os que non poidemos estar nesta, parabéns. É de agradecer a celebración de este tipo de eventos. ¿Para cando algo así tamén en Compostela? Xa houbo varios membros do Creatorio que me comunicaron o seu interese porque se celebrase un "Ilustranoite" tamén na capital... :)