AGPI - Asociación Galega de Profesionais da Ilustración

Cestola na Cachola - A cooperativa
Cestola na Cachola

Buscador de Ilustradores

Listado de ilustradores

Noticias

Solidariedade co ‘Charlie Hebdo’

08/01/2015

A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) solidarízase coas vítimas e o resto dos membros do semanario francés Charlie Hebdo, e manifesta o seu firme compromiso coa liberdade de expresión a través do humor gráfico e a ilustración en xeral.

Actualización: Mañá, domingo, ás 12:30 h, a A. C. Alexandre Bóveda e mais a AGPI convocan unha concentración na praza do Humor da Coruña en homenaxe ás vítimas do ataque á redacción da revista Charlie Hebdo, e animan a participar a todas as personas interesadas.

Actualización 2: Nesta ligazón pode encontrarse o manifesto da asociación lido durante a concentración do domingo. Na páxina da AGPI en Facebook pode encontrarse unha galería con contribucións gráficas dos nosos socios en relación con Charlie Hebdo.

0 comentarios nesta noticia: