AGPI - Asociación Galega de Profesionais da Ilustración

Pirata
Santy Gutiérrez

Buscador de Ilustradores

Listado de ilustradores

Noticias

III Debate sobre o Estado da Ilustración

05/03/2015


Cartel deseñado por Bernal Prieto
Este ano, o Debate sobre o Estado da Ilustración, organizado pola AGPI, móvese do lugar das anteriores edicións, Santiago de Compostela, para recalar na cidade de Ourense. O obxectivo é, a un tempo, promover actividade da asociación noutras zonas da xeografía galega, e, ademais, implicar tamén os alumnos/as (e con eles o profesorado) das escolas de arte, buscando que a concienciación sobre os problemas e necesidades da profesión chegue aos propios estudantes antes mesmo de se enfrontaren á realidade laboral. A actividade, como de costume, é gratuíta e aberta a todo o público interesado.

Este terceiro Debate sobre o Estado da Ilustración discorrerá baixo o lema «Da ilustración tamén se vive», e terá lugar no salón de actos da Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde (Avda. da Universidade, 18, A Cuña, 32005 Ourense) o xoves 19 de marzo, de 11:30 a 13:30 h. Os convidados serán os ilustradores Xosé Cobas, Miguel Robledo e Pinturero, moderados pola tamén ilustradora Irene Sanjuán. Entre outros temas tratarase acerca do mercado global, a promoción do ilustrador, os perigos do traballo especulativo, as posibilidades da autoedición ou a vixencia do asociacionismo.

0 comentarios nesta noticia: