AGPI - Asociación Galega de Profesionais da Ilustración

Javi Montes

Buscador de Ilustradores

Listado de ilustradores

Noticias

MAGOSTO GRÁFICO EN A CORUÑA

22/11/2017

Este 24 e 25 de novembro terá lugar o Magosto Gráfico, evento sobre ilustración e creatividade na Coruña, na planta baixa da Sede de Afundación de A Coruña (Rúa Cantón Grande, 8)

É un evento organizado por Autobán, Colectivo Miñoco, Ánimas Anónimas e AGPI, con moi distintas actividades de balde e abertas ao público.

:: VENRES, 24 de Novembro

18:00 - 21:30 - Expo Inktober 2017 e Mercado de Ilustración.   19:00 - Drink & Draw especial animación. Quedada para debuxar aberta a todo o mundo (profesionais e amateurs) cunha serie de probas, que nesta ocasión tratarán sobre a creación de elementos e personaxes para a súa posterior animación por parte dos integrantes do colectivo Ánimas Anónimas.

20:30 - Concerto Ilustrado de Ocre con debuxo en vivo de Mateo Alvarellos e Paula Esteban.

:: SÁBADO, 25 de Novembro

11:30 - 21:30 - Expo Inktober 2017 e Mercado de Ilustración.

12:00 – Minibán: contacontos de Iván Serrano ilustrado en vivo por Roberto Martínez Soler e Maria Alvarez Hortas.

13:30 - Cara o mediodía poderedes desfrutar dunha sesión vermú amenizada por F. Taccio, que preparará unha animada sesión de musiqueo.

16:00 - Charla: «A impresión dixital ao servizo da creatividade. Un mundo de posibilidades» polo Colexio Fogar Afundación.

17:00 – Autocine: proxección de curtas de animación independentes, especialmente escollidas por Martin Romero."Double King" de ‎Felix Colgrave "Cat City" de Victoria Vincent "The Kiosk" de Anete Melece "Little Girl" de Steven Subotnick

19:00 - Coloquio: "Mamá, quero ser artista! - Venturas e desventuras do mundo da creación" Gemma Pérez, deseñadora gráfica e multimedia; Yago García, ilustrador e deseñador de produto; e Giovanna Lopalco, animadora e ilustradora, moderados por Bernal Prieto.

20:30 – IlustraNoite: é un evento da AGPI, cun formato axil e ameno que permite que varios creadores ou colectivos presenten a súa obra de forma rápida e divertida. Nesta edición contaremos con David Fidalgo Omil, Isa Albela, Espazo XYZ, Roque Romero, Cogomelo Games, Sekone, Oreli Pello e Ánimas Anónimas.

0 comentarios nesta noticia: