AGPI - Asociación Galega de Profesionais da Ilustración

Cabecera
Diego Ogando Vidal (SPEN)

Buscador de Ilustradores

Listado de ilustradores

Noticias

A AGPI, na constitución do Foro Reimprímete

23/04/2014

Esta mañá, en coincidencia coa celebración do Día Mundial do Libro, desenvolveuse en Santiago de Compostela o acto de constitución do Foro Reimprímete, unha iniciativa da Asociación Galega de Editores e do Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego. O acto contou coa presentación e lectura dun manifesto a cargo da escritora Rosa Aneiros, no que se reivindica a importancia cultural, educativa e socioeconómica do papel, do libro e da propiedade intelectual dentro do proceso de hibridación que se establece coa intervención dos novos soportes tecnolóxicos.

O novo foro conta co apoio de dezasete entidades empresariais e profesionais, entre as que está a AGPI. Xuntas, representan máis de 500 empresas e 1300 profesionais de toda a cadea de valor do sector.

Foto: CPGLG

0 comentarios nesta noticia: