AGPI - Asociación Galega de Profesionais da Ilustración

Compre renovarse
Xan Carpente

Buscador de Ilustradores

Listado de ilustradores

Noticias

XIV Simposio O Libro e A Lectura: LIBRO ILUSTRADO: OUTRA FORMA DE LER?

31/10/2017

A Asociación Galega de Editoras organiza unha nova edición do Simposio O Libro e A Lectura, baixo o lema LIBRO ILUSTRADO: OUTRA FORMA DE LER?

Contará con tres mesas redondas, unha dedicada á banda deseñada e na que intervirán Kiko Dasilva, Anxo Paz "Cano" e Carla Berrocal; outra sobre como editar o libro ilustrado, con Madalena Matoso, editora de Planeta Tangerina e e Diego Moreno, editor de Nórdica Libros; e, finalmente, a mesa redonda : “Olladas ilustradas”, coa intervención de Xosé Cobas, Ester García e Calros Silvar.

Ademais, intervirán en tres conferencias organizadas: Joan Fontcuberta (“A furia das imaxes”), Ana Garralón (“Os álbums que contan o mundo”) e Teresa Durán (“Os tres fillos do tsar. A lectura da imaxe, hoxe”).

Se vai celebrar os próximos días 8 e 9 de novembro, no auditorio da Sede Afundación Santiago de Compostela (Rúa Vilar, 19)

O prazo de inscrición estará aberto ata o 6 de novembro, é de balde e deberá realizarse a través do correo s.tecnica@editoresgalegos.org Entregarase un diploma ás persoas que acrediten un 75% da asistencia.

XIV Encontro Galego de Ilustración

13/10/2017


.
O sábado 28 de outubro terá lugar o XIV ENCONTRO GALEGO DE ILUSTRACIÓN, que, como cada ano, organiza a AGPI, na sede Afundación de Santiago (rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela)

As actividades matinais son abertas a todo o público interesado, e completamente gratuítas.

:::::::::: PROGRAMACIÓN MAÑÁ ::::::::::

· 10:00 RECEPCIÓN

· 10:30 PRESENTACIÓN OFICIAL DO ENCONTRO

· 10:40 PRESENTACIÓN DA NOVA WEB DE AGPI

· 11:00 AVENTURAS E DESVENTURAS (da profesión do ilustrador) Mar Malota contaranos unha serie de reflexións acerca da profesión do ilustrador desde o seu punto de vista e baseadas na súa experiencia como ilustradora profesional.

·········· 12:30 DESCANSO ··········

· 13:00 CANDO A ILUSTRACIÓN ATOPA O CINEMA Giovanna Lopalco falará do proceso de creación nun filme de animación, de como a linguaxe da ilustración e dun ilustrador se adapta a outro medio, como é o cinema.

· 14:00 FOTOMATÓN (Foto grupal da man de Óscar Villán)

:::::::::: PROGRAMACIÓN TARDE :::::::::: (exclusivo socixs)

· 14:30 XANTAR DE CONFRATERNIZACIÓN (con inscrición previa) RESTAURANTE O AFIADOR, rúa de San Pedro, 28

· 17:00 ASEMBLEA XERAL DE SOCIOS DA AGPI
Sede Afundación (rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela)

· 19:00 FINALIZACIÓN DA ASEMBLEA

Charla Ninja na MiiC
con David Rubín e Alberto Guitián

18/04/2017


.
A MiiC (Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea, que se desenvolve en Santiago de Compostela ata o mes de xuño) acolle unha Charla Ninja organizada pola AGPI. Nela, David Rubín e Alberto Guitián repasarán o Decálogo Ninja do ilustrador, achegando as súas experiencias e anécdotas como profesionais da ilustración. Será na sala Mozart do Auditorio de Galicia (Av. do Burgo das Nacións, s/n, 15704 Santiago de Compostela), este sábado, 22 de abril, ás 12:30, con entrada libre ata completar o aforo.

A charla é un complemento da exposición «Guía Ninja do Ilustrador», espazo dentro da MiiC que repasa os obxectivos, os contidos e a boa acollida desta campaña da AGPI, que neste mes de abril cumpre o seu primeiro aniversario. Rubín e Guitián abordarán de xeito moi visual os actuais retos dos creadores freelance, como a protección e a xestión dos dereitos de autor no mercado global ou a defensa fronte plaxios ou prácticas especulativas.

A Charla Ninja MiiC e a campaña «Guía Ninja do ilustrador» contan co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Nova edición de Autobom

29/03/2017

Este sábado 1 de abril ten lugar unha nova edición do Autobom, festival de autoedición, en Nave 1839 (Estación de tren de A Coruña).

Durante ese día terán lugar varias actividades relacionadas co mundo do cómic e ilustración:

+16:30 - Sesión vermú con música e picoteo.

+17:30 - AutoLab para realizar cómic experimental e colaborativo.

+18:30 - Mesa redonda sobre liberdade de expresión no campo da ilustración, con Guitián, Leandro e Sekone moderados por Edu Maroño.

+ 20:00 - Autocine (catro curtos de animación independentes)

+ 21:00 - III Akelarre Mutante: concertos ilustrados de BravuBoy (Pulpiño Viascón) e Strikeback, debuxados por Sara Roca e Álvaro López respectivamente.

As actividades son gratuítas salvo os concertos, que recibirán un donativo de 5 a 10€ (a recadación será para os grupos e ilustradores).

«O debuxo como forma de pensamento» charla con Alberto Vázquez

07/03/2017

Este sábado comeza «A cor das palabras. Encontros con cineastas», un ciclo do Concello de Santiago de Compostela (Pazo de Raxoi) que traerá ao Cinema NUMAX a importantes cineastas do panorama actual. O primeiro convidado será o animador coruñés Alberto Vázquez, cunha charla titulada «O debuxo como forma de pensamento».


Alberto Vázquez tense convertido nos últimos tempos nun referente no mundo da animación a nivel galego e internacional. Tras acadar o Goya á mellor curtametraxe en 2012 con BIRDBOY, vén de consagrarse neste 2017 acadando a estatuíña á mellor curtametraxe por DECORADO e á mellor longa de animación con PSICONAUTAS. A obra cinematográfica de Vázquez complétase con SANGRE DE UNICORNIO.

A creatividade de Alberto Vázquez chega tamén ao mundo do cómic, con varios libros editados en diferentes países . Como ilustrador de prensa ten publicado en El País, La Voz de Galicia, Vanity Fair ou Boston Globe Magazine. Os seus traballos valéronlle máis dun cento de premios internacionais, en citas como o Festival de Annecy, Chicago, Foyle, ou Expotoon.

A charla é gratuíta até completar aforo, mais podedes reservar praza escribindo un correo a proxectoscultura@santiagodecompostela.gal no que indiquedes nome completo e número de contacto.

Ilustradores/as seleccionados para a Bienal de Bratislava

07/03/2017

A Bienal de Bratislava é unha prestixiosa exposición internacional de ilustracións de libros para nenos e novos, organizada polo Ministerio de Cultura eslovaco, a Comisión Eslovaca da UNESCO e a Casa Internacional da arte para Nenos, que se celebra durante os meses de setembro e outubro. Ademais da mostra de orixinais, realízase un simposio internacional de especialistas en ilustración de libros para nenos e novos.

A OEPLI, como sección española de IBBY  selecciona, xunto coas súas catro seccións territoriais, a 15 ilustradores/as con 24  libros recente publicación. Entre a selección deste ano se atopan algúns dos nosos socio/as:  Aitziber Alonso, Albert Asensio, Roger Olmos, Leire Salaberria, Ignasi Blanch, Marina Seoane, Miguel Cerro, Xosé Cobas, Jokin Mitxelena, Pep Montserrat, Maite Gurrutxaga, Minia Regos, Xan López Domínguez, MaGuma e Eider Eibar.

Allariz Ilustrado: I Festival da Arte da Ilustración

18/01/2017

Primeira edición do Festival da Arte da Ilustración, ALLARIZ DEBUXADO, que será do 27 de xaneiro ó 28 de xaneiro no Salón de Actos do Fogar dos Maiores (Rúa Campo da Barreira - Allariz)

:: Venres, 27 de xaneiro:
>12.00 h. Presentación das xornadas
>12.15 h. DEBUXANDO ALLARIZ. Charla sobre cadernismo, a cargo de Isabell Seidel, cadernista. A continuación, obradoiro sobre cadernismo nas rúas e rutas de Allariz. Haberá unha interrupción para o xantar, e unha reunión final ás 18 h. para facer un balance do traballo realizado. As persoas que asistan ao obradoiro deberán traer o material de traballo oportuno (acuarela, rotuladores, papel ou caderno)

>19.00 h. ALLARIZ ILUSTRADO COMO IMAXE DE MARCA. Charla-coloquio a cargo de Miguel Robledo, ilustrador e historietista

>22.00 h. MICROPRESENTACIÓNS ILUSTRADAS. Oportunidade para afeccionados e profesionais para coñecerse e intercambiar proxectos, universos e ideas.

:: Sábado, 28 de xaneiro:
>10.30 h. FRASES ENCONTRADAS. Charla-obradoiro, a cargo de Juan Berrio, Ilustrador e historietista, Premio Fnac de novela gráfica 2012.
>17.00 h. EL ANIMALARIO VERTICAL: EL REGRESO DEL PROFESOR REVILLOD. Charla coloquio a cargo de Javier Sáez Castán, ilustrador Premio Nacional español de Ilustración 2016.

:: Durante todo o festival estará aberta a exposición CLÁSICOS RESETEADOS, por Miguel Robledo.
Na Galería Circular (Rúa das Lobariñas, 9).
* Todas as actividades son gratuítas e de libre asistencia.
+info e inscripcións en >> info@airadasletras.gal e airadasletras.gal.

Charla Ninja na Facultade de Belas Artes de Pontevedra

21/11/2016

Terceira e última charla ninja deste outono: mércores 23 de novembro en Pontevedra, na Facultade de Belas Artes (R/ Maestranza, 2) ás 12:30 h, cos senseis Nuria Díaz e Guitián. Entrada libre e de balde.

Rematamos o ciclo de charlas ninja en centros de ensino neste 2016.

En decembro voltaremos a Pontevedra para presentar a Guía Ninja no Culturgal (Feira Galega das Industrias culturais).

Charla Ninja en Ourense

02/11/2016

Continúa o ciclo de charlas ninja que AGPI organiza este outono nas tres escolas de arte galegas que imparten formación en ilustración.

Próxima CHARLA NINJA: venres 4 de novembro en Ourense na Escola de Arte Antonio Faílde (Avda. da Universidade, nº 18) ás 12:00 h, cos senseis Fran Bueno e Guitián.

Chega o XIII ENCONTRO GALEGO DE ILUSTRACIÓN!

19/10/2016

.
Temos todo preparado para a
XIII edición do Encontro Galego de Ilustración, que decorrerá baixo a organización de AGPI, o próximo sábado 29 de outubro, no auditorio do CGAC - Centro Galego de Arte Contemporánea ( Valle Inclán, 2 - Santiago de Compostela )

Este ano o Encontro acolle dúas interesantes charlas no CGAC: de BambinoMonkeyXosé Vizoso.

:: 11:20 BAMBINOMONKEY [Animación/Publicidade]
Ignacio Maroto, experto en deseño de personaxes, falará da súa traxectoria e traballo, cunha breve sesión de pintura dixital en directo.

:: 13:00 XOSÉ VIZOSO [Produto/Cartel/Editorial]
A través dun coloquio co autor faremos un percorrido polo seu traballo como deseñador en Sargadelos, cartelista e ilustrador.

Sábado 29 de outubro a partir das 11:00 h.
Auditorio do CGAC- R/ Valle Inclán, 2
Santiago de Compostela

:: Podedes descargar o programa completo aquí ::

#Encontro2016