AGPI - Asociación Galega de Profesionais da Ilustración

La mujer muerta de Segovia (detalle).
Carlos Arrojo

Buscador de Ilustradores

Listado de ilustradores

Noticias

‘Drink & Draw’ de marzo na Coruña

27/03/2015

Mañá, sábado 28 de marzo, a partir das 19:30, o Colectivo Miñoco —do que forman parte varios dos nosos socios— organiza a décimo quinta edición do Drink & Draw, a reunión informal e lúdica para o debuxo, con xogos e probas para os participantes. Nesta ocasión será no café O Alfaiate (rúa de San Xoán 7, 15001 A Coruña); como é habitual, estará aberto a toda persoa interesada en participar.

Drink & Draw de febreiro na Coruña

24/02/2015

O Colectivo Miñoco —ao que pertencen varios dos nosos socios— organiza unha nova edición do Drink & Draw coruñés, a reunión periódica nun bar ou cafetería de xente cunha paixón común polo debuxo. A organzación proporá, como é habitual, algúns xogos para inspirar as persoas que asistan. Só é necesario levar papel e lapis ou outro material de debuxo.

Esta edición será en La Maleta (rúa Orzán, 170, 15003 A Coruña), este xoves 26, a partir das 19:30 h.

Terceira edición do ‘Drink & Draw Vigo’

06/06/2014

A AGPI organiza o terceiro Drink & Draw Vigo, que terá desta vez o tema «Kaiju Battle». Os eventos Drink & Draw son unha actividade lúdica relacionada con pequenos retos de debuxo cunha limitación de tempo, e están abertos á participación de calquera persoa interesada. Neste caso, cada participante deberá levar deseñado o seu propio kaiju, e durante a actividade debuxará unha viñeta co ataque ao contrincante asignado; as viñetas someteranse a votación.

A periodicidade do Drink & Draw Vigo é mensual, e cada edición realízase nun local distinto; nesta ocasión, é no café Detrás do Marco (rúa Londres s/n, 36202 Vigo), este serán, a partir das 21:00 h. Máis información, na páxina en Facebook do Drink & Draw Vigo.

Segundo ‘Drink & Draw Vigo’

08/05/2014


Cartel da segunda edición do Drink & Draw Vigo

A AGPI organiza de novo o Drink & Draw Vigo, nesta ocasión baixo o tema «O espazo exterior». Trátase, como na ocasión anterior, dunha actividade lúdica relacionada con pequenos retos de debuxo cunha limitación de tempo, e está aberta á participación de calquera persoa interesada.

Nesta ocasión, o lugar é El Choco Bar (rúa Afonso XIII 6, 36201 Vigo), mañá, venres 9 de maio, a partir das 21:00 h. Pode encontrarse máis información na páxina en Facebook do Drink & Draw Vigo e tamén neste vídeo.

Primeira edición do ‘Drink & Draw Vigo’

01/04/2014


Cartel do primeiro Drink & Draw Vigo

Despois de varias edicións de Drink & Draw na Coruña, da man do Colectivo Miñoco, é agora a AGPI a que organiza esta actividade lúdica na cidade de Vigo, coa intención de dotala dunha periodicidade mensual. Esta primeira ocasión será este venres, día 4, ás 20:30 no café El Golem (rúa Irmandiños 2, 36201 Vigo).

Como é habitual neste tipo de eventos, a organización ten preparados unha serie de xogos en que poderán participar todas as persoas interesadas: trátase de pequenos retos de debuxo cunha limitación de tempo. A participación é libre e gratuíta.

Drink & Draw Vigo ten a súa propia páxina en Facebook, onde poden seguirese todas as novidades.

Novo ‘Drink and Draw’ na Coruña

24/12/2013

Despois da primeira experiencia en novembro, o Colectivo Miñoco —do que forman parte algúns dos nosos socios— organiza un novo Drink and Draw, unha reunión informal e lúdica para o debuxo.

Nesta ocasión será no café O Alfaiate (rúa de San Xoán 7, 15001 A Coruña) o xoves 26, a partir das 19:30 h, e novamente estará aberto a toda persoa interesada en participar.