PROGRAMACIÓN

Sábado 14 de novembro

10:00 | Presentación

10:05 – 11:20 | Charla de Javi de Castro

“MÁIS ALÓ DO JPG”

11:30 – 12:45 | Charla de Susy Broullón

“VIDEOXOGOS E MANGA: PÓDESE VIVIR DISO?”

12:55 – 14:10 | Charla de Montse Piñeiro

“LANTERNA MÁXICA”

17:00 – 19:00 | Taller de Isabel Méndez

“KIT DE SUPERVIVENCIA PARA CREADOR@S:
FERRAMENTAS LEGAIS PARA PROTEXER OS TEUS DEREITOS DE AUTORÍA”

 
O Encontro será presentado por Neves Rodríguez

Descargar o programa en PDF

17 Encontro Galego de Ilustración

Esta decimosétima edición do encontro, a primeira que se desenvolve integramente online, aborda a importancia da ilustración alén do campo editorial. A través das experiencias de creadores en distintos ámbitos, como os videoxogos, as apps móbiles ou o mundo audiovisual e escénico, o encontro pretende ampliar a visión das aplicacións e posibilidades laborais desta disciplina artística.
 
Os autores convidados para esta edición visibilizarán partes da nosa profesión menos coñecidas, en mercados crecentes e en clara expansión. Susy Broullón falará da súa aventura no mundo dos videoxogos, Javi de Castro das súas experiencias no mundo dixital e Montse Piñeiro amosará as posibilidades da interacción entre distintas disciplinas artísticas. Ademais, Isabel Méndez impartirá un obradoiro sobre un tema esencial da profesión: a protección dos dereitos de autor, tanto nos contratos como no incerto mundo de internet.
 
Un programa completo  para un Encontro ao que queremos convidar a todos aqueles que gozan coa Ilustración.

INSCRICIÓN

Novo formato virtual

As charlas emitiranse en directo en formato webinar. O público poderá participar con preguntas por escrito, que serán formuladas pola presentadora ao final das charlas.

Asistencia gratuita previa inscrición

É preciso rexistrarse para asistir ao Encontro. As prazas son limitadas, e a inscrición farase a través da web…

bigmarker.com/series/EncontroAGPI

CHARLAS

10:05 – 11:20 | “MÁIS ALÓ DO JPG”

Por Javi de Castro | javidecastro.com

A charla afonda na faceta como ilustrador e debuxante de Javi de Castro analizando a súa experiencia no medio dixital.

11:30 – 12:45 | “VIDEOXOGOS E MANGA: PÓDESE VIVIR DISO?”

Por Susy Broullón | instagram.com/susy_broullon

A charla fai un percorrido pola traxectoria profesional da artista e amosa como o que comeza como unha afección pode chegar a converterse nunha profesión.

12:55 – 14:10 | “LANTERNA MÁXICA”

Por Montse Piñeiro | montsepinheiro.com

Esta charla versa sobre a relación entre o debuxo, a pintura e a luz, sobre os distintos usos dos recursos gráficos na videocreación e o interese en xerar un diálogo entre procesos dixitais e analóxicos á hora de crear material visual.

17:00 – 19:00 | “KIT DE SUPERVIVENCIA PARA CREADOR@S:
FERRAMENTAS LEGAIS PARA PROTEXER OS TEUS DEREITOS DE AUTORÍA”

Por Isabel Méndezfirmadopor.com

Neste obradoiro veranse os conceptos fundamentais dos dereitos de autoría e como xestionalos e protexelos, desde o coñecemento e a liberdade de saber que estamos firmando, como estamos compartindo as nosas creacións en internet ou que dereitos estamos cedendo nos nosos contratos.

PARTICIPANTES

JAVI DE CASTRO

javidecastro.com

Javi de Castro (León,1990) é un ilustrador e debuxante de BD, é o autor de obras como La última Aventura, Que no, que no me muero ou Larson. O seu traballo foi galardoado en 2016 como mellor autor revelación no Salón do cómic de Barcelona. Destaca ademais por outras iniciativas innovadoras dentro do mundo dixital, como a app Crímenes ilustrados, e pola súa faceta como autor de webcomic, que en 2020 o levou a ser nomeado a un Eisner e un Harvey pola súa obra The Eyes.

SUSY BROULLÓN

instagram.com/susy_broullon

Susana Broullón (Cangas do Morrazo,1987) é artista senior de videoxogos. Iniciou a súa carreira como game artist en Gameloft, onde viviu de primeira man a expansión do mercado móbil en xogos e levou a cabo a arte conceptual e interface para diferentes títulos, entre os que destacan Despicable me: Minion Rush e a franquicia Asphalt. Actualmente traballa en King Barcelona, a empresa creadora de Candy Crush, participou en títulos como Bubble Witch 3 e se especializou na experiencia de usuario. Paralelamente, no seu tempo libre, realiza traballos de estética manga para editoriais e eventos.

MONTSE PIÑEIRO

montsepinheiro.com

Montse Piñeiro investiga a relación entre a luz e a imaxe en proxectos de diversa índole, e desempeña a súa labor principalmente nos ámbitos escénico e audiovisual. Especializada en iluminación, fórmase paralelamente como ilustradora e ceramista, e de forma autodidacta en videocreación e animación paso a paso. A artista crea pezas audiovisuais para as artes vivas a través do emprego do debuxo en proxeccións, animacións e ilusións ópticas.

ISABEL MÉNDEZ

firmadopor.com

Isabel Méndez é avogada e consultora especializada en propiedade intelectual. A través da súa consultoría, Firmado por, axuda a creadores, editoriais e empresas a xestionar e protexer o seu ben máis prezado, a propiedade intelectual das súas obras. Firmado Por naceu da vontade de axuntar os seus coñecementos e experiencia xurídica con aquilo que máis lle gusta e coñece de primeira man, a creación e as súas vicisitudes.

NEVES RODRÍGUEZ

aaag.gal/catalogo/nieves-rodriguez

Actriz e presentadora, ten participado en diversas series de televisión e en obras de teatro como Invisibles (Redrum Teatro, 2018). Obtivo o Premio Mestre Mateo á mellor comunicadora en 2018 polo seu traballo no programa Vaia troula! Entre 2014 e 2018 conduciu o programa radiofónico Metrópoles delirantes, dedicado á banda deseñada.

Equipo técnico: Bernal Prieto, Miguel Cuba e Elerre
Redes sociais: Aynara Pereiro e Miguel Nigure