Combate de Debuxantes
A fin de semana coa que finaliza o festival da banda deseñada Viñetas desde o Atlántico vén cargada de actividades programadas pola AGPI: un completo programa no microfestival de edición Autobán e mais unha sesión de revisión de portafolios por dous ilustradores de primeiro nivel. Todas elas son actividades de entrada libre e gratuíta.
O Autobán comeza esta mesma noite, a partir das 22:55, coa presentación e unha nova edición do Combate de Debuxantes, en Old School (rúa División Azul 8, 15005 A Coruña). Os participantes nesta ocasión foron escollidos polos finalistas do combate do ano pasado, Ghosttthead e Xurxo G. Penalta, e son
Branda,Kike J. Díaz,Luis Yang,Perrilla,Santy Gutiérrez,Sekone,Xulia Vicente e Yago García. O Combate de Debuxantes é un evento lúdico, en que oito contendentes se enfrontan ilustrando en gran formato e con tempo limitado conceptos ao azar, elixidos polo público, que tamén decide, mediante votación, o gañador de cada contenda. Nesta ocasión cóntase novamente con David Rubín como mestre de cerimonias, e Roque Romero como DJ, e axudando aos competidores no ring estarán Ghosttthead e Óscar Iglesias. Mañá, sábado día 9, o programa seguirá co Mercado de fanzines e cómic de autor, en The Room (rúa Afonso VII 15, 15005 A Coruña), entre as 12:30 e as 21:30 h. Este mercado de fanzines ofrecerá a oportunidade de ver e mercar o material de máis dunha trintena de autores, proxectos de autoedición e microeditoriais (a lista completa de participantes, nesta ligazón).
Entre as 13:30 e as 16:30 h desenvolverase a Sesión vermú de Autobán, donde podrá degustarse vermú de barril, acompañado de catering gratuíto de petiscos e tapas económicas elaboradas por Culuca, e contará coa actuación en directo do músico electrónico Sekone.
«Modelos e saídas da autoedición», terceira das tres mesas redondas
A partir desa hora, en Old School Bar, tres mesas redondas. Ás 16:30, a titulada «Viñetas de vida» será unha presentación do proxecto homónimo de Oxfam Intermón, e contará coa participación de dous dos colaboradores, o noso socio David Rubín (que estivo en Burundi como parte do proxecto) e Miguel Ángel Giner Bou (que visitou Nicaragua, con Cristina Durán).
Ás 17:30 «Outros roles de xénero no cómic», coa participación de Emma Ríos, Óscar Iglesias e Inés Casajeros, moderados pola xornalista Bárbara G. Vilariño. E ás 19:30, a mesa «Modelos e saídas da autoedición», con José Domingo, Berto Fojo, Los Bravú e María Alvarez, moderados por Nieves Rodríguez.
PechaKucha de Autoedición
Finalmente, ás 23:00, de novo en The Room, Pecha Kucha de autoedición. O PechaKucha é un
formato de presentacións rápidas, en que unha serie de relatores dispoñen de 20 imaxes, que se visualizan durante 20 segundos, para facer unha exposición da súa obra ou proxecto. Participan os proxectos Altar Mutante, Cabeza de Corte Aéreo, Compota de Manatí, Cruel y Estúpido, Eres Tonto, Nordés, La Envidia Casa Taller e Historias de Rego Torto. Unha vez terminado o PechaKucha, haberá unha festa de peche, con DJs, sorteos, regalos e sorpresas que os asistentes irán descubriendo ao longo da noite.
Máis información sobre os proxectos presentes no mercado, os participantes no Combate de Debuxantes e o resto das actividades, no Twitter do Autobán. O programa completo, aquí.
E xa fóra do Autobán, o domingo, día 10, na caseta da AGPI na feira do cómic (nos xardíns de Méndez Núñez), desenvolverase entre as 12:00 e as 14:00 h unha sesión gratuíta de revisión de portafolios, a cargo dos ilustradores Jano e Marcos Martín. Todos os ilustradores e ilustradoras interesados, independentemente de se son ou non socios da AGPI, poderán participar nesta sesión.