Dec
4
Mar
MiiC – Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea @ Sede Afundación Santiago de Compostela
Dec 4 2018 @ 12:00 p.m. – Mar 10 2019 @ 9:00 p.m.

MiiC, Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea, é unha exposición colectiva que reúne un total de 19 proxectos ilustrados, que poñen o foco nas creacións máis persoais das e dos artistas que se manifestan a través dunha das ramas da comunicación máis libres e creativas.

Máis información

Dec
13
Xov
Exposición ‘Debuxando ao alén’, de Ana Juan @ Pazo da Cultura de Pontevedra
Dec 13 2018 @ 12:00 p.m. – Feb 24 2019 @ 2:00 p.m.

A exposición interactiva Ana Juan «Debuxando ao alén» aproxímanos ao universo creativo desta ilustradora recoñecida internacionalmente. A aplicación desenvolvida para esta mostra descóbrenos o proceso creativo de dous proxectos editoriais totalmente distintos: Otra vuelta de tuerca e Snowhite. Ademais, preséntanos en primicia Erthaland, Snowhite’s Mystery Tale, unha aventura gráfica interactiva que desenvolve actualmente co equipo UNIT Experimental. Aquí poderemos mergullarnos no primeiro capítulo desta aventura e realizar unha visita virtual á contorna en que transcorre. Así mesmo, a realidade aumentada e unha recreación animada revélannos novos puntos de vista e múltiples detalles deste proxecto.

Máis información

Xan
16
Mér
Exposición «Emilio Urberuaga: Un paseo polo principio» @ Sala Municipal Salvador de Madariaga, A Coruña
Xan 16 @ 7:30 p.m. – Mar 17 @ 9:00 p.m.

Emilio Urberuaga. Un paseo polo principio é unha exposición que achega o traballo do recoñecido ilustrador, galardoado no ano 2011 co Premio Nacional de Ilustración. A mostra organízase arredor de 12 libros de Urberuaga, dos que se poderá observar unha selección de orixinais, ademais de maquetas ou bosquexos completos. Estará aberta até o 17  de marzo todos os días, en horario de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas, e tamén inclúe un espazo para a lectura no que se poderán consultar as obras do ilustrador.

Xan
25
Ven
Allariz Debuxado 2019 @ Allariz
Xan 25 @ 12:00 p.m. – Xan 26 @ 11:23 p.m.

Terceira edición de Allariz Debuxado, con Miguel Ángel Giner Bou, Cristina Duran, Javier Olivares, e os editores de Kalandraka Xosé Ballesteros e Manuela Rodríguez.

Xan
30
Mér
Día da Ilustración @ Varias localidades
Xan 30 all-day

Día da Ilustración celébrase en Galicia cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. Este ano, o homenaxeado é Federico Ribas (Vigo, 1890 – Madrid, 1952).

O Día da Ilustración é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).

Con ocasión deste día, desenvólvense diversas actividades nas bibliotecas de Galicia e na sede de Afundación en Santiago de Compostela.

Máis información, en www.diadailustracion.gal

Mar
22
Ven
Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra @ Pazo da Cultura de Pontevedra
Mar 22 @ 12:00 p.m. – Abr 12 @ 2:30 p.m.
Abr
1
Lun
Feira de Boloña 2019 @ BolognaFiere
Abr 1 @ 9:00 a.m. – Abr 4 @ 3:00 p.m.

Unha das feiras internacionais do libro máis importantes, considerada punto de encontro imprescindible para a ilustración de libro infantil e xuvenil.

Abr
5
Ven
37 Cómic Barcelona @ Fira de Barcelona Montjuïc
Abr 5 @ 10:00 a.m. – Abr 7 @ 8:00 p.m.

O Salón Internacional do Cómic de Barcelona chámase agora Cómic Barcelona e chega á súa edición número 37. Máis información

Abr
23
Mar
Día do Libro e do Dereito de Autor
Abr 23 all-day
O 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor. En 1995, a UNESCO estableceu esta conmemoración para destacar o papel que o libro desempeña como instrumento clave para a difusión e a conservación do coñecemento. 
Abr
25
Xov
II Encontro de Banda Deseñada Histórica @ EASD Ramón Falcón – Lugo
Abr 25 @ 5:00 p.m. – 7:00 p.m.

Masterclass ‘Cor dixital na Banda Deseñada’, con Javi Montes. Máis información