Os días 15 e 16 de Decembro na Unitaria (Calzada de San Pedro, S/N) terá lugar a terceira edición do FUN FUN FUN.
De novo, queremos abrir o noso MERCADO DE AUTOEDICIÓN (día 16, de 12.00 a 23.00) a toda esa xente que naceu cunha flor no cú e mans inquedas. Buscamos papeis manchados e impresións xeitosas. Cousas escritas, cousas debuxadas e cousas nun incómodo lugar intermedio sen definición posible.
E como no FUNFUNFUN entendemos que a autoedición non morre no papel, imos deixar tamén un espazo para a vosa música, a vosa roupiña, as vosas galletas, os vosos extraños xogos independientes e as vosas taciñas!
Be water.
Be multimedia.
El sielo es el límite, weis!
4.ª edición do festival de autoedición No Tengo Mamá, organizado no café Detrás do Marco.
Masterclass ‘Cor dixital na Banda Deseñada’, con Javi Montes. Máis información
Actividade gratuíta, pero precisa inscrición. Prazas limitadas. Máis información: https://agpi.es/nova-sesion-do-clube-de-debuxo-na-piscina-do-club-do-mar-da-coruna/
Autobán é un microfestival de Coruña dedicado á BD autoeditada e de autor, organizado por unha serie de autores de BD. Pretende recoller as propostas creativas de fora do circuito comercial, dándolles difusión e un espazo propio onde amosar, promocionar e vender este tipo de proxectos.
O evento desenvolverse o venres 9 e o sábado 10 de agosto de 2019, coincidindo co último fin de semana do festival Viñetas desde o Atlántico.