Os días 15 e 16 de Decembro na Unitaria (Calzada de San Pedro, S/N) terá lugar a terceira edición do FUN FUN FUN.
De novo, queremos abrir o noso MERCADO DE AUTOEDICIÓN (día 16, de 12.00 a 23.00) a toda esa xente que naceu cunha flor no cú e mans inquedas. Buscamos papeis manchados e impresións xeitosas. Cousas escritas, cousas debuxadas e cousas nun incómodo lugar intermedio sen definición posible.
E como no FUNFUNFUN entendemos que a autoedición non morre no papel, imos deixar tamén un espazo para a vosa música, a vosa roupiña, as vosas galletas, os vosos extraños xogos independientes e as vosas taciñas!
Be water.
Be multimedia.
El sielo es el límite, weis!
Autobán é un microfestival de Coruña dedicado á BD autoeditada e de autor, organizado por unha serie de autores de BD. Pretende recoller as propostas creativas de fora do circuito comercial, dándolles difusión e un espazo propio onde amosar, promocionar e vender este tipo de proxectos.
O evento desenvolverse o venres 9 e o sábado 10 de agosto de 2019, coincidindo co último fin de semana do festival Viñetas desde o Atlántico.