3.º Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe. Máis información
Emilio Urberuaga. Un paseo polo principio é unha exposición que achega o traballo do recoñecido ilustrador, galardoado no ano 2011 co Premio Nacional de Ilustración. A mostra organízase arredor de 12 libros de Urberuaga, dos que se poderá observar unha selección de orixinais, ademais de maquetas ou bosquexos completos. Estará aberta até o 17 de marzo todos os días, en horario de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas, e tamén inclúe un espazo para a lectura no que se poderán consultar as obras do ilustrador.
Residencia organizada por Acción Cultural Española (AC/E) e maila Cité internationale de la bande dessinée et de l’image (Angoulême), para levarse a cabo en La Maison des Auteurs de Angoulême (Francia) entre decembro de 2019 e maio de 2020.
Exposicións, charlas, mercado e outras actividades relacionadas coa banda deseñada. Como convidados, este ano cóntase con Abel Alves, Yolanda Castaño, Jorge Coelho, Isabel Greenberg, Albert Monteys, Antonio Navarro, David Sala e Tony Sandoval. Máis información