Dec
13
Xov
Exposición ‘Debuxando ao alén’, de Ana Juan @ Pazo da Cultura de Pontevedra
Dec 13 2018 @ 12:00 p.m. – Feb 24 2019 @ 2:00 p.m.

A exposición interactiva Ana Juan «Debuxando ao alén» aproxímanos ao universo creativo desta ilustradora recoñecida internacionalmente. A aplicación desenvolvida para esta mostra descóbrenos o proceso creativo de dous proxectos editoriais totalmente distintos: Otra vuelta de tuerca e Snowhite. Ademais, preséntanos en primicia Erthaland, Snowhite’s Mystery Tale, unha aventura gráfica interactiva que desenvolve actualmente co equipo UNIT Experimental. Aquí poderemos mergullarnos no primeiro capítulo desta aventura e realizar unha visita virtual á contorna en que transcorre. Así mesmo, a realidade aumentada e unha recreación animada revélannos novos puntos de vista e múltiples detalles deste proxecto.

Máis información

Dec
14
Ven
Baba Kamo @ Centre del Carme Cultura Contemporània, Valencia
Dec 14 @ 10:00 a.m. – Dec 16 @ 3:00 p.m.

Baba Kamo – Festival e feira do libro ilustrado

Baba Kamo é unha iniciativa de carácter anual organizada pola Associació de Professionals de la Il·lustració Valenciana (APIV) e a Fundació pel Llibre i la Lectura (FULL) para promover o libro ilustrado en todas as súas vertentes. Un punto de encontro onde visibilizar o traballo dos profesionais, avivar a creación interdisciplinar e fomentar o espírito crítico e a sensibilidade estética.

Máis información

Xan
16
Mér
Exposición «Emilio Urberuaga: Un paseo polo principio» @ Sala Municipal Salvador de Madariaga, A Coruña
Xan 16 @ 7:30 p.m. – Mar 17 @ 9:00 p.m.

Emilio Urberuaga. Un paseo polo principio é unha exposición que achega o traballo do recoñecido ilustrador, galardoado no ano 2011 co Premio Nacional de Ilustración. A mostra organízase arredor de 12 libros de Urberuaga, dos que se poderá observar unha selección de orixinais, ademais de maquetas ou bosquexos completos. Estará aberta até o 17  de marzo todos os días, en horario de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas, e tamén inclúe un espazo para a lectura no que se poderán consultar as obras do ilustrador.

Abr
1
Lun
Feira de Boloña 2019 @ BolognaFiere
Abr 1 @ 9:00 a.m. – Abr 4 @ 3:00 p.m.

Unha das feiras internacionais do libro máis importantes, considerada punto de encontro imprescindible para a ilustración de libro infantil e xuvenil.

Abr
5
Ven
37 Cómic Barcelona @ Fira de Barcelona Montjuïc
Abr 5 @ 10:00 a.m. – Abr 7 @ 8:00 p.m.

O Salón Internacional do Cómic de Barcelona chámase agora Cómic Barcelona e chega á súa edición número 37. Máis información

Ago
5
Lun
Viñetas desde o Atlántico 2019 @ A Coruña
Ago 5 – Ago 11 all-day

Exposicións, charlas, mercado e outras actividades relacionadas coa banda deseñada. Como convidados, este ano cóntase con Abel Alves, Yolanda Castaño, Jorge Coelho, Isabel Greenberg, Albert Monteys, Antonio Navarro, David Sala e Tony Sandoval. Máis información

Ago
14
Mér
Fin prazo Concurso São João da Madeira @ S. João da Madeira, Portugal
Ago 14 @ 5:00 p.m.
Out
4
Ven
Fin de prazo Exposición Feira de Boloña @ Boloña, Italia
Out 4 all-day

Prazo para participar na exposición da Bologna Children’s Bookfair. Os ilustradores seleccionados terán acceso a unha entrada á feira con prezo reducido.

Máis información

Out
17
Xov
12.º Encontro Internacional de Ilustração de São João da Madeira @ São João da Madeira, Portugal
Out 17 @ 8:01 a.m. – Out 21 @ 8:00 p.m.