Xan
16
Mér
Exposición «Emilio Urberuaga: Un paseo polo principio» @ Sala Municipal Salvador de Madariaga, A Coruña
Xan 16 @ 7:30 p.m. – Mar 17 @ 9:00 p.m.

Emilio Urberuaga. Un paseo polo principio é unha exposición que achega o traballo do recoñecido ilustrador, galardoado no ano 2011 co Premio Nacional de Ilustración. A mostra organízase arredor de 12 libros de Urberuaga, dos que se poderá observar unha selección de orixinais, ademais de maquetas ou bosquexos completos. Estará aberta até o 17  de marzo todos os días, en horario de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas, e tamén inclúe un espazo para a lectura no que se poderán consultar as obras do ilustrador.

Ago
5
Lun
Viñetas desde o Atlántico 2019 @ A Coruña
Ago 5 – Ago 11 all-day

Exposicións, charlas, mercado e outras actividades relacionadas coa banda deseñada. Como convidados, este ano cóntase con Abel Alves, Yolanda Castaño, Jorge Coelho, Isabel Greenberg, Albert Monteys, Antonio Navarro, David Sala e Tony Sandoval. Máis información