Xul
18
Mér
Exposición ‘Historietas del tebeo. 1917-1977’ @ MAC A Coruña
Xul 18 – Out 14 all-day

Historietas del tebeo é unha exposición organizada e producida polo Museo Abc que conta coa colaboración de Obra Social “La Caixa”. Comisariada por Antoni Guiral, é unha revisión da historia dos tebeos españois aparecidos entre 1917 e 1977. A aparición e evolución dos tebeos, mais tamén do concepto de tebeo como xénero literario: o seu formato, os seus trazos identificativos.

Máis información

Xul
29
Dom
Inscrición Autobán 2018 — Fin de prazo
Xul 29 @ 11:45 p.m.

Convocatoria para participar no Autobán 2018

Autobán é un microfestival de Coruña adicado á BD autoeditada e de autor, organizado por unha serie de autores de BD. Pretende recoller as propostas creativas de fora do circuíto comercial, dándolles difusión e un espazo propio onde amosar, promocionar e vender este tipo de proxectos.

En Autobán poderás participar no Mercado de fanzines e autopublicacións, a actividade principal do festival que se desenvolverá ao longo do sábado 11 de agosto de 2018. Ademais, a noite anterior, a do venres 10, celebraremos o Autobombo, unha serie de rápidas presentacións a cargo dos participantes no mercadillo que queiran dar difusión a o seu proxecto. Tamén terá lugar o venres o sonado Combate de debuxantes ao que vos podedes apuntar no formulario de inscrición. Estas actividades non son obrigatorias.

A participación nestas actividades é libre e gratuita.

Ago
6
Lun
Viñetas desde o Atlántico 2018 @ Kiosko Alfonso, Palexco e outros, A Coruña
Ago 6 – Ago 12 all-day

O salón internacional do cómic Viñetas desde o Atlántico achegaranos os traballos máis recentes dos consagrados Homs, Rubín, Munuera ou Emma Ríos. O resto de convidados son Ángel de la Calle, Mamen Moreu, Belén Ortega, Miguel Ángel Giner, Cristina Durán, José Ramón Sánchez, Tirso Cons e Xosé Tomás.

A AGPI contará cunha caseta onde ofrecerá información e publicacións da asociación e dos seus asociados.

 

Set
7
Ven
No Tengo Mamá – Festival de autoedición @ Detrás do Marco
Set 7 – Set 8 all-day

4.ª edición do festival de autoedición No Tengo Mamá, organizado no café Detrás do Marco.

Set
29
Sáb
15 Encontro Galego de Ilustración @ Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela
Set 29 @ 10:45 a.m. – 8:30 p.m.

O 28 de setembro, as actividades son na Unitaria (Calzada de San Pedro, s/n, 15703 Santiago de Compostela): obradoiro con Gallardo (previa inscrición), Ilustranoite.

O 29 de setembro, no Auditorio de Galicia, charlas de Ana Galvañ, Juan Díaz-Faes e Miguel Gallardo, e panel de experiencias sobre Ilustración e industria da moda en Galicia con Pilar Marcó, Xurxo G. Penalta e David Pazos.

Máis información en agpi.es/encontro

Abr
5
Ven
37 Cómic Barcelona @ Fira de Barcelona Montjuïc
Abr 5 @ 10:00 a.m. – Abr 7 @ 8:00 p.m.

O Salón Internacional do Cómic de Barcelona chámase agora Cómic Barcelona e chega á súa edición número 37. Máis información

Abr
25
Xov
II Encontro de Banda Deseñada Histórica @ EASD Ramón Falcón – Lugo
Abr 25 @ 5:00 p.m. – 7:00 p.m.

Masterclass ‘Cor dixital na Banda Deseñada’, con Javi Montes. Máis información

Mai
4
Sáb
II Encontro de Banda Deseñada Histórica @ Lugo
Mai 4 – Mai 5 all-day
Autobom 2019 @ Nave 1839 – A Coruña
Mai 4 @ 4:00 p.m. – 11:00 p.m.
Xuñ
14
Ven
Fin de inscrición Residencia de Novela Gráfica Maison des Auteurs
Xuñ 14 @ 3:00 p.m. – 3:00 p.m.

Residencia organizada por Acción Cultural Española (AC/E) e maila Cité internationale de la bande dessinée et de l’image (Angoulême), para levarse a cabo en La Maison des Auteurs de Angoulême (Francia) entre decembro de 2019 e maio de 2020.

Máis información