Nov
3
Ven
FEED´17 @ DIDAC - DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas
Nov 3 – Nov 4 all-day


Se algo caracteriza o traballo do deseñador é a necesidade constante de cuestionalo ou repensalo todo, de experimentar cousas novas (quer ferramentas ou tecnoloxías, quer novos métodos de traballo ou de organización) de adaptarse e de evolucionar. Unha necesidade que cada vez se torna máis evidente, dada a velocidade á que se producen as mudanzas na sociedade actual.

Na edición deste ano, o FEED quixo reunir un grupo heteroxéneo de profesionais, con facetas moi distintas, para ofrecer ao longo de dous días unha panorámica o máis diversa posíbel do traballo do deseñador: diferentes ámbitos de especialización do deseño, diferentes metodoloxías de traballo, de organización, de relación…

O primeiro día, os profesionais que compartan connosco a súa experiencia e coñecementos serán Elena Urizar, unha especialista en visual thinking convencida da utilidade práctica de incorporarmos esta linguaxe ás empresas e procesos de traballo; o deseñador galego de produto Lois Guillán, quen presentará a metodoloxía que aplica nos seus obradoiros para introducir os nenos nos procesos de deseño, e João Martino e Miguel Almeida, do estudio do Porto Non-Verbal Clubque desenvolve o seu traballo principalmente para clientes do ámbito cultural. A xornada concluirá cunha mesa redonda coas escolas de deseño para debater con profesores e estudantes acerca das expectativas, preocupacións perante a súa inminente incorporación ao mercado laboral.

O segundo día será a vez da deseñadora de tipografías Joana Correia,quen abordará na súa conferencia a cuestión das tipos variábeis, un dos avances máis importantes da tipografía nos últimos tempos; Coca Rivas, a xefa de deseño de servizos, cunha valiosa experiencia no redeseño de servizos e creación de equipos internos dixitais para o Goberno do Reino Unido; Francesco Furno e Pablo Galeano, fundadores en plena crise do estudio de deseño gráfico Relajaelcoco, e Bea Lema, quen pese a comezar a súa carreira como deseñadora de produto acaba de gañar o Premio Castelao de Banda Deseñada.

Mai
29
Mér
Fin de prazo Axudas para asistencia a feiras do libro
Mai 29 @ 5:00 p.m. – 5:00 p.m.

 Convocatoria para a concesión de subvencións para a participación de persoas escritoras, ilustradoras e tradutoras nos festivais e nas feiras internacionais do sector do libro que teñan lugar en 2019. Máis información. Texto completo da convocatoria. 

Xuñ
7
Ven
Club de Debuxo: debuxo de modelo @ Fundación Luis Seoane, A Coruña
Xuñ 7 @ 7:00 p.m. – 9:00 p.m.
Xuñ
14
Ven
Fin de inscrición Residencia de Novela Gráfica Maison des Auteurs
Xuñ 14 @ 3:00 p.m. – 3:00 p.m.

Residencia organizada por Acción Cultural Española (AC/E) e maila Cité internationale de la bande dessinée et de l’image (Angoulême), para levarse a cabo en La Maison des Auteurs de Angoulême (Francia) entre decembro de 2019 e maio de 2020.

Máis información