4.ª edición do festival de autoedición No Tengo Mamá, organizado no café Detrás do Marco.
Autobán é un microfestival de Coruña dedicado á BD autoeditada e de autor, organizado por unha serie de autores de BD. Pretende recoller as propostas creativas de fora do circuito comercial, dándolles difusión e un espazo propio onde amosar, promocionar e vender este tipo de proxectos.
O evento desenvolverse o venres 9 e o sábado 10 de agosto de 2019, coincidindo co último fin de semana do festival Viñetas desde o Atlántico.