Dec
15
Ven
FUN FUN FUN! @ Unitaria
Dec 15 – Dec 16 all-day


Os días 15 e 16 de Decembro na Unitaria (Calzada de San Pedro, S/N) terá lugar a terceira edición do FUN FUN FUN.
De novo, queremos abrir o noso MERCADO DE AUTOEDICIÓN (día 16, de 12.00 a 23.00) a toda esa xente que naceu cunha flor no cú e mans inquedas. Buscamos papeis manchados e impresións xeitosas. Cousas escritas, cousas debuxadas e cousas nun incómodo lugar intermedio sen definición posible.
E como no FUNFUNFUN entendemos que a autoedición non morre no papel, imos deixar tamén un espazo para a vosa música, a vosa roupiña, as vosas galletas, os vosos extraños xogos independientes e as vosas taciñas!
Be water.
Be multimedia.
El sielo es el límite, weis!

Set
7
Ven
No Tengo Mamá – Festival de autoedición @ Detrás do Marco
Set 7 – Set 8 all-day

4.ª edición do festival de autoedición No Tengo Mamá, organizado no café Detrás do Marco.

Nov
8
Xov
Compostela Ilustrada @ Santiago de Compostela
Nov 8 @ 1:00 p.m. – Nov 11 @ 1:00 p.m.

3.º Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe. Máis información

Xan
30
Mér
Día da Ilustración @ Varias localidades
Xan 30 all-day

Día da Ilustración celébrase en Galicia cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. Este ano, o homenaxeado é Federico Ribas (Vigo, 1890 – Madrid, 1952).

O Día da Ilustración é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).

Con ocasión deste día, desenvólvense diversas actividades nas bibliotecas de Galicia e na sede de Afundación en Santiago de Compostela.

Máis información, en www.diadailustracion.gal

Abr
23
Mar
Día do Libro e do Dereito de Autor
Abr 23 all-day
O 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor. En 1995, a UNESCO estableceu esta conmemoración para destacar o papel que o libro desempeña como instrumento clave para a difusión e a conservación do coñecemento. 
Abr
26
Ven
Día da Propiedade Intelectual
Abr 26 all-day
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou, en 2000, o 26 de abril como día Mundial da Propiedade Intelectual. 
Club de Debuxo na Piscina Municipal @ Piscina do Clube do Mar – A Coruña
Abr 26 @ 7:00 p.m. – 8:30 p.m.

Actividade gratuíta, pero precisa inscrición. Prazas limitadas. Máis información: https://agpi.es/nova-sesion-do-clube-de-debuxo-na-piscina-do-club-do-mar-da-coruna/

Xuñ
7
Ven
Club de Debuxo: debuxo de modelo @ Fundación Luis Seoane, A Coruña
Xuñ 7 @ 7:00 p.m. – 9:00 p.m.
Ago
9
Ven
Autobán 2019 @ Nave 1839 + Cervecería Meliora, A Coruña
Ago 9 – Ago 10 all-day

Autobán é un microfestival de Coruña dedicado á BD autoeditada e de autor, organizado por unha serie de autores de BD. Pretende recoller as propostas creativas de fora do circuito comercial, dándolles difusión e un espazo propio onde amosar, promocionar e vender este tipo de proxectos.

O evento desenvolverse o venres 9 e o sábado 10 de agosto de 2019, coincidindo co último fin de semana do festival Viñetas desde o Atlántico.

Máis información

Set
27
Ven
Obradoiro con Javirroyo: «Mapas ilustrados» @ Unitaria, Santiago de Compostela
Set 27 @ 4:00 p.m. – 6:00 p.m.

Obradoiro con Javirroyo:
«Mapas ilustrados para amosar o mundo da túa cabeza»

Venres 27, 16:00-18:00, con inscrición previa

UNITARIA | CALZADA DE SAN PEDRO, S/N, 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Neste obradoiro, Javirroyo amosaranos as posibilidades do debuxo de mapas ilustrados, tanto como ferramenta narrativa como para a transmisión de conceptos. Aprende a sintetizar ideas e comunicalas con ilustracións sinxelas. «Menos é máis cando queres conectar con moita xente á vez».

Prazas limitadas. Inscrición: 15 euros (para socios da AGPI: 5 euros)

Inscricións ata esgotar as prazas. Accede aquí ao formulario de inscrición.