Abr
26
Xov
Feira de Bos Aires
Abr 26 – Mai 14 all-day

Feria Internacional del Libro de Buenos Aires. Stand institucional da Xunta de Galicia, con presenza da ilustración galega.

Xul
29
Dom
Inscrición Autobán 2018 — Fin de prazo
Xul 29 @ 11:45 p.m.

Convocatoria para participar no Autobán 2018

Autobán é un microfestival de Coruña adicado á BD autoeditada e de autor, organizado por unha serie de autores de BD. Pretende recoller as propostas creativas de fora do circuíto comercial, dándolles difusión e un espazo propio onde amosar, promocionar e vender este tipo de proxectos.

En Autobán poderás participar no Mercado de fanzines e autopublicacións, a actividade principal do festival que se desenvolverá ao longo do sábado 11 de agosto de 2018. Ademais, a noite anterior, a do venres 10, celebraremos o Autobombo, unha serie de rápidas presentacións a cargo dos participantes no mercadillo que queiran dar difusión a o seu proxecto. Tamén terá lugar o venres o sonado Combate de debuxantes ao que vos podedes apuntar no formulario de inscrición. Estas actividades non son obrigatorias.

A participación nestas actividades é libre e gratuita.

Ago
6
Lun
Viñetas desde o Atlántico 2018 @ Kiosko Alfonso, Palexco e outros, A Coruña
Ago 6 – Ago 12 all-day

O salón internacional do cómic Viñetas desde o Atlántico achegaranos os traballos máis recentes dos consagrados Homs, Rubín, Munuera ou Emma Ríos. O resto de convidados son Ángel de la Calle, Mamen Moreu, Belén Ortega, Miguel Ángel Giner, Cristina Durán, José Ramón Sánchez, Tirso Cons e Xosé Tomás.

A AGPI contará cunha caseta onde ofrecerá información e publicacións da asociación e dos seus asociados.

Set
7
Ven
No Tengo Mamá – Festival de autoedición @ Detrás do Marco
Set 7 – Set 8 all-day

4.ª edición do festival de autoedición No Tengo Mamá, organizado no café Detrás do Marco.

Out
1
Lun
Ilustrísima 2018 — fin de prazo @ Museo Abc, Madrid
Out 1 @ 11:45 p.m.

O salón Ilustrísima decorrerá no Museo Abc de Madrid entre os días 13 e 16 de decembro de 2018.

Este ano a feira estenderase a todos os espazos expositivos do Museo Abc. A primeira e a terceira planta acollerán 40 artistas, cada un dos cales contará cun stand propio onde mostrar e vender os seus traballos directamente ao público. A Sala Cubo do museo será o lugar para encontros e actividades paralelas, cunha programación dirixida a profesionais, afeccionados e público infantil. Ademais, o evento contará cunha serie de mesas redondas, conferencias e talleres a cargo dalgúns dos nomes internacionais máis destacados do sector.

Para inscribirse na feira poden descargarse as bases e cubrirse o formulario no siguiente enlace:

http://museo.abc.es/actividades/2018/06/ilustrisima-2018-reserva-de-stands/1511347

Out
10
Mér
Feira de Frankfurt
Out 10 – Out 14 all-day

Feira Internacional do Libro de Frankfurt (Alemaña), a feira do libro máis importante do mundo.

Nov
24
Sáb
Feira de Guadalaxara (México)
Nov 24 – Dec 2 all-day

Feria Internacional del Libro de Guadalajara 2018 (FIL 2018)

Dec
13
Xov
Ilustrísima 2018 @ Museo Abc, Madrid
Dec 13 – Dec 16 all-day