Abr
25
Xov
II Encontro de Banda Deseñada Histórica @ EASD Ramón Falcón – Lugo
Abr 25 @ 5:00 p.m. – 7:00 p.m.

Masterclass ‘Cor dixital na Banda Deseñada’, con Javi Montes. Máis información

Mai
4
Sáb
Autobom 2019 @ Nave 1839 – A Coruña
Mai 4 @ 4:00 p.m. – 11:00 p.m.
Ago
9
Ven
Autobán 2019 @ Nave 1839 + Cervecería Meliora, A Coruña
Ago 9 – Ago 10 all-day

Autobán é un microfestival de Coruña dedicado á BD autoeditada e de autor, organizado por unha serie de autores de BD. Pretende recoller as propostas creativas de fora do circuito comercial, dándolles difusión e un espazo propio onde amosar, promocionar e vender este tipo de proxectos.

O evento desenvolverse o venres 9 e o sábado 10 de agosto de 2019, coincidindo co último fin de semana do festival Viñetas desde o Atlántico.

Máis información

Set
28
Sáb
16 Encontro Galego de Ilustración @ Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela
Set 28 @ 10:45 a.m. – 8:30 p.m.

O 27 de setembro, actividade na Unitaria (Calzada de San Pedro, s/n, 15703 Santiago de Compostela): obradoiro con Javirroyo (previa inscrición), de 16:00 a 18:00.

O 29 de setembro, no Auditorio de Galicia, charlas de Jon Juárez ‘Harriorrihar’, Inês Silva e Javirroyo, e panel de experiencias e mesa redonda sobre ilustración en Portugal con Marta Madureira, Cátia Vidinhas e Inês Silva.

Pola noite, festa Sesión DJ Ilustrada no Camalea.

Máis información en agpi.es/encontro

Xan
30
Xov
Día da Ilustración @ Varias localidades
Xan 30 all-day

Día da Ilustración celébrase en Galicia cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. En 2020, trátase de Cándido Fernández Mazas.

O Día da Ilustración é unha iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).

Toda a información en www.diadailustracion.gal