Set
28
Sáb
16 Encontro Galego de Ilustración @ Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela
Set 28 @ 10:45 a.m. – 8:30 p.m.

O 27 de setembro, actividade na Unitaria (Calzada de San Pedro, s/n, 15703 Santiago de Compostela): obradoiro con Javirroyo (previa inscrición), de 16:00 a 18:00.

O 29 de setembro, no Auditorio de Galicia, charlas de Jon Juárez ‘Harriorrihar’, Inês Silva e Javirroyo, e panel de experiencias e mesa redonda sobre ilustración en Portugal con Marta Madureira, Cátia Vidinhas e Inês Silva.

Pola noite, festa Sesión DJ Ilustrada no Camalea.

Máis información en agpi.es/encontro

Out
17
Xov
12.º Encontro Internacional de Ilustração de São João da Madeira @ São João da Madeira, Portugal
Out 17 @ 8:01 a.m. – Out 21 @ 8:00 p.m.
Xan
30
Xov
Día da Ilustración @ Varias localidades
Xan 30 all-day

Día da Ilustración celébrase en Galicia cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. En 2020, trátase de Cándido Fernández Mazas.

O Día da Ilustración é unha iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).

Toda a información en www.diadailustracion.gal

Abr
23
Xov
Día do Libro e do Dereito de Autor
Abr 23 all-day
O 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor. En 1995, a UNESCO estableceu esta conmemoración para destacar o papel que o libro desempeña como instrumento clave para a difusión e a conservación do coñecemento. 
Abr
26
Dom
Día da Propiedade Intelectual
Abr 26 all-day
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou, en 2000, o 26 de abril como día Mundial da Propiedade Intelectual.