Set
28
Ven
Obradoiro con Miguel Gallardo: «Eu non sei debuxar» @ Unitaria, Santiago de Compostela
Set 28 @ 6:00 p.m. – 8:00 p.m.

O debuxo é unha ferramenta básica na ilustración, pero tamén é unha linguaxe poderosa ao alcance de calquera persoa. Neste obradoiro práctico, Gallardo convídanos a cuestionarnos (e a comprobar) ata que punto precisamos «saber debuxar» para expresarnos e comunicar ideas de xeito sinxelo e eficaz.

Prazas limitadas. Inscricións aquí

Ilustranoite (Encontro Galego de Ilustración) @ Unitaria, Santiago de Compostela
Set 28 @ 9:00 p.m. – Set 29 @ 10:30 a.m.

A Ilustranoite é un evento de micropresentacións de proxectos de ilustración nun ambiente desenfadado. Entrada gratuíta.

Set
29
Sáb
15 Encontro Galego de Ilustración @ Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela
Set 29 @ 10:45 a.m. – 8:30 p.m.

O 28 de setembro, as actividades son na Unitaria (Calzada de San Pedro, s/n, 15703 Santiago de Compostela): obradoiro con Gallardo (previa inscrición), Ilustranoite.

O 29 de setembro, no Auditorio de Galicia, charlas de Ana Galvañ, Juan Díaz-Faes e Miguel Gallardo, e panel de experiencias sobre Ilustración e industria da moda en Galicia con Pilar Marcó, Xurxo G. Penalta e David Pazos.

Máis información en agpi.es/encontro