‘Cabana de Balieiros’ chega a Ourense e Allariz

Mañá, xoves día 17, o noso socio Tokio estará presentado a súa novela gráfica Cabana de Balieiros (publicada por Demo Editorial) na libraría Sindicato del Cómic (rúa Doutor Marañón 15, 32005 Ourense) ás 19:30 h.

O venres, tamén ás 19:30 h, será a libraría Aira das Letras (rúa Emilia Pardo Bazán 5, 32664 Allariz) a que acolla o acto de lanzamento desta banda deseñada de ambientación mariñeira.

Compartir