Comezan as actividades paralelas do
Viñetas desde o Atlántico

Aínda que o festival en si comezará o próximo luns, está xa en marcha a feira do cómic do Viñetas desde o Atlántico, na que, como todos os anos, o público pode encontrar na caseta da AGPI as publicacións da asociación e de moitos dos asociados. Este ano, a feira trasládase aos xardíns de Méndez Núñez, a carón do Teatro Colón e o monumento a Curros Enríquez.

Ademais, desde hoxe hai toda unha serie de actividades relacionadas coa banda deseñada e a ilustración en diversos lugares da cidade da Coruña. Deste xeito, hoxe, no centro Ágora (rúa Ágora s/n, 15010 A Coruña), inaugurouse a mostra Autoras sobre papel, que reúne traballos de sete ilustradoras: Laura Blanco, Irene Sanjuán e as nosas socias Nuria Díaz, Vanessa Durán, Talía García Perrilla, Macus Romero e Marina Seoane.

Esta tarde, ademais, decorrerá no mesmo lugar a mesa redonda Cómic galego sen fronteiras, que reunirá os nosos socios Emma Ríos, José Domingo e David Rubín, moderados por Henrique Torreiro. Será a partir das 20:30 h.

Compartir