A Deputación de Ourense convocou hoxe dez bolsas destinadas a profesionais da animación e a banda deseñada
para unha estadía formativa de curta duración (4 días) na cidade francesa de Angoulême. As estadías incluirán
visitas á Cité Internationale de la Bande Dessinée et de l’Image (onde están, entre outros, os prestixiosos Maison des Auteurs e Musée de la Bande Dessinée), ao Pôle Image Magelis e toma de contacto con diversos colectivos de autores
franceses.
A actividade está incluída no programa do Programa Imagina Atlántica, proxecto cofinanciado polo FEDER, que une catro países europeos: España, Portugal, Francia e Gran Bretaña.