Convocatoria de axudas á creación visual da Fundación Arte y Derecho

A
Fundación Arte y Derecho pon en marcha a XIV Convocatoria de Axudas á
Creación Visual. Este ano repartiranse 100.000 euros en axudas directas
a proxectos de creación visual distribuidos en cinco categorías: Artes
Plásticas, Fotografía, Deseño, Ilustración e Novas Tecnoloxías.
O
propósito destas axudas é incentivar a creación visual en España,
mediante o financiamento de proxectos creativos daqueles autores que se
expresan a través da creación visual, ou ben a divulgación de obras que
xa foron creadas. As axudas fináncianse grazas ao Fondo Asistencial e
Cultural de VEGAP,
o cal se nutre do 20% da recadación que VEGAP percibe pola xestión do
dereito de copia privada.
O prazo de admisión de solicitudes acaba o 18 de marzo. Podes consultar os regulamentos aquí.

Compartir