Dado o interese que esta disciplina desperta no noso colectivo, a AGPI e a Deputación da Coruña
financiarán aos socios de AGPI un curso de Serigrafía organizado e impartido
por Xulia Barros e Ramón Villaverde. Este curso intensivo vai dirixido a
ilustradores, deseñadores e interesad@s en coñecer os rudimentos desta
técnica e como afrontar e presentar un traballo para serigrafía (isto é,
coñecer como hai que enviar un traballo listo para a sua filmación e
impresión). En concreto, todo o que hai que ter en conta para deseñar
camisetas.
O curso é ten unha duración de 8 horas, e celebrarase en tres tandas os
días 28 de xuño, o 26 de xullo e o 2 de agosto. O precio do curso son 70
euros por persoa, 40 dos cales serán aportados por AGPI, e os 30
restantes polo alumno/a.
Temario:
– INTRODUCCIÓN Á SERIGRAFÍA, visita ó taller é relato do proceso.
– DESEÑO E PREPARACIÓN DE FOTOLITOS, requerimentos dun deseño para
serigrafía. Fotomecánica.
– CAMISETAS, tallas e escalado do deseño.
Paramos para unha grata e satisfactoria comida en marco incomparable. A
sobremesa será curta, pola tarde entraremos directamente no traballo de
taller:
– PREPARACIÓN E REVELADO DE PANTALLAS.
– AXUSTE DA MÁQUINA, PREPARACIÓN DE UTILLAJE E TINTAS.
– IMPRESIÓN.
– RECUPERACIÓN DE PANTALLAS.
O curso será impartido por Xulia Barros e Ramón Villaverde, que levan
catro anos traballando arreo nas lides serigráficas no seu taller de
Beade (Vigo). Deseñan e producen duas liñas de camisetas e traballan por
encargo. Son proveedores exclusivos dos escritorios de Linux KDE Hispano
e Gnome Hispano.
Xulia Barros é ilustradora e socia da AGPI. Estudou Belas Artes, e
Serigrafía na Universidade Popular de Vigo.
Ramón Villaverde é monitor do plan FIP de programas de maquetación e
deseño. Traballou como responsable de producción nunha serigrafía
industrial e tamén estudou Serigrafía na Universidade Popular.
Actividade desenvolvida con axuda da Deputación da Coruña