Curtas varias

Fragmento do cartel de Historias dunha torre, de Manel Cráneo. Clic para ver completo.

Este martes 3 de xullo ás 20:00 horas proxectase no MACUF (Museo de Arte Contemporáneo de Unión Fenosa) Ladróns de cadáveres contra o ku klus klan, curta de animación realizada por Xurxo García e baseada na historieta homónima de Cráneo que xa percorreu diferentes festivais. Isto será dentro do ciclo de curtas do MACUF. Ademáis dista poderán verse as curtas Ami, Ragnarock, KM 53, Cicatrices, La línea, Lavado de cara, O intruso, Diana Aitchison, Ciudadano de Cromañón.

Outra nova relacionada con Manel Cráneo. San&saN e Germán Tejada presentan este xoves 5 de xullo as 21:00 horas no Forum Metropolitano da Coruña, a producción audiovisual Historias dunha torre. Catro curtametraxes que foron rodadas no entorno da Torre de Hércules este ano. Entre as curtas inclúese Entorrados, onde Cráneo colaborou facendo o story-board. Ademáis a imaxe do cartel e DVD é tamén do autor coruñés.

Compartir