David Pintor e Xosé Tomás, premiados pola AGE

Os nosos socios David Pintor e Xosé Tomás foron premiados esta fin de semana na sexta Noite da Edición de Galicia, que organiza anualmente a Asociación Galega de Editores.

Deste xeito, David Pintor foi galardoado co Premio Neira Vilas ao mellor libro infantil e xuvenil, polo libro Contos para nenos que dormen deseguida (Kalandraka), do que é coautor Carlos López (neste caso, asinando cos nomes artísticos de Pinto & Chinto).

Xosé Tomás, pola súa banda, gañou o Premio Isaac Díaz Pardo de ilustración ao mellor libro ilustrado pola serie Rodribico (Baía Edicións), coescrita con Manuel Guisande.

Nesta ligazón pode lerse toda a lista de premios outorgados.

Compartir