David Pintor inaugurou onte a exposición das ilustracións do seu libro Ciudades de papel na cidade alemá de Ratisbona, no marco do Festival Hispánico de Cine e Cultura (CinEsCultura). Composta por unha vintena de ilustracións que recrean as paisaxes urbanas de diferentes cidades, a mostra estivo anteriormente en Boloña, Tokío e Clermont-Ferrand (Francia).
Precisamente, o libro Cidades de papel foi galardoado en 2009 co Premio ao mellor caderno de viaxes da Biennale du Carnet de Voyage de Clermont-Ferrand —o más prestixioso festival na especialidade en Europa—, cuxo cartel oficial deste ano tamén é obra de David.