David Pintor, seleccionado para Boloña 2011

O ilustrador David Pintor foi seleccionado para a mostra de ilustradores da Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña 2011 con ilustracións do libro Contos para nenos que dormen deseguida, da editorial Kalandraka. Na convocatoria participaron máis de 3000 ilustradores de todo o mundo, dos cales foron seleccionados 76. O libro, que seis meses despois da súa publicación xa vai por la segunda edición, foi nomeado tamén mellor libro infantil en Galicia por máis de 500 internautas da web Fervenzas Literarias. É a terceira vez que David é seleccionado na mostra da cidade italiana, despois de telo sido en 2007 e 2010.

Os demais ilustradores españois seleccionados son: Pere Ginard, José María Lema de Pablo, Beatriz Martín Terceno, Patricia Metola e Cristina Sitja. O resto pode verse aquí.

Compartir