David Rubín participa no Festival Eñe

Despois da súa nova visita por Italia, onde participou nos actos de lanzamento da versión italiana de El héroe —que tamén será editado en francés, como se soubo nestes últimos días—, David Rubín vai participar esta semana no Festival Eñe, que se organiza no madrileño Círculo de Bellas Artes e é definido polos seus responsables como «a gran cita literaria do idioma castelán». O festiva reunirá, de feito, unha importantísima nómina de autores de primeiro nivel, como Ana María Matute, Manuel Rivas ou Félix de Azúa, por exemplo.

A participación de David será este venres, día 11, entre as 18:00 e as 20:00 h, e consistirá en realizar páxinas de cómic en directo. Despois, asinará exemplares dos seus libros na libraría do Círculo de Bellas Artes.

Xa o martes 15, David Rubín estará, co Sr. Ausente, na Fnac Diagonal Mar de Barcelona falando sobre BD e firmando libros.

Compartir