‘Destapando bañeras’, exposición colectiva de ilustracións

Mañá, mércores 22 de xuño, ás 19:00 h, inaugurarase a exposición de ilustracións Destapando bañeras, do colectivo Estómagos Vacíos, Cerebros Hambrientos, conformado por autores procedentes da Escola de Arte Pablo Picasso da Coruña, algúns deles membros da AGPI.

A temática xira en torno á comunidade LGTB (Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais) e enfócase como un exercicio de empatía por parte dos autores e dos espectadores. Os ilustradores participantes na mostra son Yago García, Jorge Fernández, Sara Carmona, Cristina Castro, Laura Crego, Pablo Suárez, Elena Valverde, Sole Rei, Marta G. Cabrillas, Brei, La chica de la cinta, Noel, Carlos Mauriz, Diego Pena, María Álvarez e Óscar Parada.

A inauguración da mostra contará cun aperitivo para o público asistente. Será no Centro Cívico Municipal de Monelos (Avda. de Monelos 2, 15008 A Coruña), onde permanecerá ata o día 30 de xuño. Despois, a exposición moverase por outros locais da Coruña e doutras cidades galegas.

Compartir