Dispoñibles os vídeos da xornada «Arte + narrativa gráfica»

A xornada teórica sobre cómic desenvolvida no día de onte no Consello da Cultura Galega deu cabida a catro relatorios (de Ricardo Anguita, Antonio Altarriba, Juanjo Guarnido e Gemma Sesar, respectivamente) que puideron ser escoitados non só polo público inscrito senón tamén mediante vídeo en directo.

As gravacións destas conferencias están accesibles agora para calquera persoa interesada nesta ligazón.

Compartir