EN MARCHA A CAMPAÑA CONTOS PARA FALAR CON DESEÑOS DE MANEL CRÁNEO

Xa está en marcha por toda Galicia a campaña da editorial Rodeira (EDEBE), Contos para Falar que entra dentro do programa BOCABERTA da Xunta de Galicia e que pretende dinamizar o uso do galego e a animación á lectura entre os máis novos.
Están concertados 15.000 nenos de toda Galicia para participar do espectáculo en diversas vilas e cidades nos próximos meses. As actuacións estarán repartidas por 43 concellos galegos.

O noso socio Manel Cráneo foi o encarregado de levar a cabo a imaxe gráfica da campaña que inclúe carteis, plotters e outras pezas como un cd musical con temas compostos exclusivamente para este espectáculo. Podedes ver algunhas imaxes no seu blog.

Ademáis a organización da campaña e a interpretación musical corre a cargo de Fernando Esclusa (o noso gabinete de prensa na AGPI).

Compartir