Programa_17Encontro_AGPI

Programa_17Encontro_AGPI

17 Encontro Galego de Ilustración
Esta decimosétima edición do encontro, a primeira que se desenvolve integramente online, aborda a importancia da ilustración alén do campo editorial. A través das experiencias de creadores en distintos ámbitos, como os videoxogos, as apps móbiles ou o mundo audiovisual e escénico, o encontro pretende ampliar a visión das aplicacións e posibilidades laborais desta disciplina artística.

Os autores convidados para esta edición visibilizarán partes da nosa profesión menos coñecidas, en mercados crecentes e en clara expansión. Susy Broullón falará da súa aventura no mundo dos videoxogos, Javi de Castro das súas experiencias no mundo dixital e Montse Piñeiro amosará as posibilidades da interacción entre distintas disciplinas artísticas. Ademais, Isabel Méndez impartirá un obradoiro sobre un tema esencial da profesión: a protección dos dereitos de autor, tanto nos contratos como no incerto mundo de internet.

Un programa completo  para un Encontro ao que queremos convidar a todos aqueles que gozan coa Ilustración.