Autobán 2018

When:
10 Agosto, 2018 – 11 Agosto, 2018 all-day
2018-08-10T00:00:00+02:00
2018-08-12T00:00:00+02:00
Where:
Nave 1839, La Maleta, A Coruña
Cost:
Free
Contact:

Autobán é un microfestival de Coruña dedicado á BD autoeditada e de autor, organizado por unha serie de autores de BD. Pretende recoller as propostas creativas de fora do circuito comercial, dándolles difusión e un espazo propio onde amosar, promocionar e vender este tipo de proxectos.

En Autobán poderás participar no Mercado de fanzines e autopublicacións, a actividade principal do festival que se desenvolverá ao longo do sábado 11 de agosto de 2018. Ademáis, a noite anterior, a do venres 10, celebraremos o Autobombo, unha serie de rápidas presentacións a cargo dos participantes no mercadillo que queiran dar difusión a o seu proxecto. Tamén terá lugar o venres o sonado Combate de debuxantes ao que vos podedes apuntar no formulario de inscrición. Estas actividades non son obrigatorias.

A participación nestas actividades é libre e gratuita.

O evento desenvolverse o venres 10 e o sábado 11 de agosto de 2018, coincidindo co último fin de semana do festival Viñetas desde o Atlántico.

O primeiro día será a inauguración do festival cunha breve presentación seguida dunha serie de actividades, como o Brilé Brutal (campeonato informal de balón prisioneiro), o Autobombo e o Combate de Debuxantes. Na segunda xornada montaremos o Mercadillo de fanzines, Charlas e un taller enfocado aos cativos.

Todas as actividades do venres terán lugar en Nave 1839, situada na estación de trens da Coruña (información de como chegar). As actividades do sábado desenvolveranse en varios bares próximos da rúa Orzán, e o mercado estará distribuído ao longo de distintos establecementos. As charlas e a actividade para nenos realizaranse concretamente no bar La Maleta (Orzán 170).