Exposición ‘Ana Juan – Debuxando ao alén’

When:
21 Xuño, 2018 – 29 Xullo, 2018 all-day
2018-06-21T00:00:00+02:00
2018-07-30T00:00:00+02:00
Where:
Sala Municipal de Exposicións PALEXCO, A Coruña
Avenida da Asociación da Prensa
s/n
15003 A Coruña
Cost:
Free
Contact:
AC/E (Acción Cultural Española), Concello da Coruña

A exposición interactiva Ana Juan, debuxando ao alén aproxímanos ao universo creativo desta ilustradora recoñecida internacionalmente. A aplicación desenvolvida para esta mostra descóbrenos o proceso creativo de dous proxectos editoriais totalmente distintos: Otra vuelta de tuerca e Snowhite. Ademais, preséntanos en primicia Erthaland, Snowhite’s Mystery Tale, unha aventura gráfica interactiva que desenvolve actualmente co equipo UNIT Experimental. Aquí poderemos mergullarnos no primeiro capítulo desta aventura e realizar unha visita virtual á contorna en que transcorre. Así mesmo, a realidade aumentada e unha recreación animada revélannos novos puntos de vista e múltiplos detalles deste proxecto.