Inscrición Autobán 2018 — Fin de prazo

Convocatoria para participar no Autobán 2018

Autobán é un microfestival de Coruña adicado á BD autoeditada e de autor, organizado por unha serie de autores de BD. Pretende recoller as propostas creativas de fora do circuíto comercial, dándolles difusión e un espazo propio onde amosar, promocionar e vender este tipo de proxectos.

En Autobán poderás participar no Mercado de fanzines e autopublicacións, a actividade principal do festival que se desenvolverá ao longo do sábado 11 de agosto de 2018. Ademais, a noite anterior, a do venres 10, celebraremos o Autobombo, unha serie de rápidas presentacións a cargo dos participantes no mercadillo que queiran dar difusión a o seu proxecto. Tamén terá lugar o venres o sonado Combate de debuxantes ao que vos podedes apuntar no formulario de inscrición. Estas actividades non son obrigatorias.

A participación nestas actividades é libre e gratuita.