O Festival de Banda Desenhada de Beja, un dos máis importantes de Portugal, acolle na súa undécima edición unha exposición de traballos publicados na revista galega de terror e ciencia-ficción Altar Mutante.
A mostra, coordinada por Álvaro López e o noso socio Luís Sendón, inclúe, entre outras, obras do propio Sendón, e dos nosos socios Manel Cráneo, Santy Gutiérrez e Sergio Covelo.
O festival ten entre os seus convidados figuras de relevo internacional como Stanislas, Ted Benoit e Yslaire, e decorrerá entre o 29 de maio e o 14 de xuño.