O hotel compostelán A Quinta da Auga (Paseo da Amaia 23b, Urbanización Brandía, Vidán, 15706 Santiago de Compostela) inaugura, este sábado 14 de maio, unha exposición de ilustracións, debuxos e pinturas do noso socio David Pintor. O acto será ás 20:00 h, no café bar do hotel.
Durante a exposición, poranse á venda 300 carteis anunciadores da exposición, numerados e asinados, a un prezo de 25 euros. O propio día da inauguración, poderán levarse ademais dedicados polo artista. O importe recadado cos carteis, e mais o 20% das vendas da exposición, serán entregados como axuda a Proxecto Home Galicia.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 14 de xuño.