Exposición ‘… E ata aquí podo ler’

Dende o
31 de xullo, e ata o día 22 de agosto
, a Sala Municipal de Exposicións
Salvador
de Madariaga (rúa Durán Loriga 10, 15003 A Coruña) [http://bit.ly/a9JXjg]
acollerá
a exposición «… E ata aquí podo ler», organizada pola AGPI en
colaboración
coa Concellaría de Cultura do Concello da Coruña. A mostra, desenvolvida
co
gallo da Feira do Libro da cidade herculina, recolle as ilustracións
feitas por
87 autores e autoras galegos co fin de serviren como marcapáxinas ou
puntos de
lectura.

Ditos marcapáxinas poden ser obtidos por separado coas compras
nas
casetas da Feira do Libro, mais tamén pode mercarse a colección completa
(aparafusada por unha esquina, ao estilo dunha guía de cores ou un
abano) na
caseta da AGPI que se instalará na feira da banda deseñada do Festival
Viñetas
desde o Atlántico
entre o 9 e o 15 de agosto.

A montaxe dos exemplares da colección foi un arduo traballo que desenrolaron os nosos socios en membros da Xunta Directiva de AGPI, Manel Cráneo e Almudena Aparicio, e podemos ver unha mostra do seu calvario neste video que preparou o propio Manel.

Compartir